|
O FIC VÍA XIV explorará nesta edición os límites das fronteiras mentais e contará por primeira vez cun xurado novo |
|
|
|
Sábado, 01 Xuño 2024 09:17 |
O FIC Vía XIV de Verín acaba de anunciar a súa temática para este 2024. As curtametraxes que se proxectarán entre o 28 de agosto e o 7 de setembro explorarán os límites das nosas fronteiras mentais que, dende a organización, vinculan a “un territorio cuxa idiosincrasia está claramente marcada polos lindes, por ser unha vila fronteiriza”. Ademais, coa intención de involucrar no festival a mocidade da vila, o FIC Vía XIV contará nesta novena edición cun xurado novo do que pode formar parte calquera persoa menor de 30 anos con interese no audiovisual, mais que non se adique ao sector de forma profesional, e que teña vinculación coa comarca. O prazo para as inscricións remata o 21 de xuño e pode realizarse a través da web ficviaxiv.com. |
Ler máis...
|
"Vibra Verín” volve coa súa terceira edición: 2 días de música e percusión na vila do Támega |
|
|
|
Venres, 31 Maio 2024 13:11 |
Esta mañá tivo lugar a presentación oficial da terceira edición do Festival de Percusión Vibra Verín, no Auditorio Municipal de Verín. Serán dous días (7 e 8 de xuño) nos que, ademais de actuacións abertas ao público, o alumnado dos CMUS participantes reunirase para actuar, asistir a obradoiros e concertos, e coñecer a outros percusionistas de renome. Devandito evento está organizado polo Conservatorio Profesional de Música do Concello de Verín e a Anpa deste centro formativo. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 10 de 788 |