|
O Concello de Verín presenta as bases da segunda edición do concurso gastronómico “Pincha no Lázaro” |
|
|
|
Xoves, 06 Marzo 2025 19:14 |
O Concello de Verín, a través da Concellería de Feiras, lanza por segundo ano consecutivo o concurso gastronómico “Pincha no Lázaro”, unha iniciativa que busca dinamizar o sector hostaleiro local e poñer en valor a creatividade culinaria dos establecementos da vila. O certame celebrarase os días 3, 4 e 5 de abril, coincidindo coa festividade do Lázaro 2025. |
Ler máis...
|
COMUNICADO OFICIAL: ENTROIDO DE VERÍN |
|
|
|
Venres, 28 Febreiro 2025 12:34 |
O Concello de Verín quere trasladar as súas máis sentidas desculpas a todas as persoas que asistiron ao Xoves de Comadres e non puideron gozar da actuación da Orquestra Marbella debido a un fallo técnico imprevisto na súa mesa de son. A propia orquestra, responsable da infraestrutura técnica do evento, informou desta incidencia tras comprobar que o sistema funcionaba correctamente durante as probas previas. |
Ler máis...
|
Aberto o prazo de inscrición para expositores na Feira do Lázaro 2025 en Verín |
|
|
|
Mércores, 26 Febreiro 2025 20:06 |
O Concello de Verín anuncia a apertura do prazo de inscrición para os expositores interesados en participar na Feira do Lázaro 2025, que terá lugar os días 5 e 6 de abril no Pavillón de Deportes de Verín. Este evento, que se consolida como unha referencia no calendario festivo da comarca, reunirá unha ampla selección de produtos de artesanía e alimentación, mantendo o seu compromiso coa calidade e a tradición. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 3 de 829 |