Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
O Concello de Verín e AEVER asinan o convenio ‘Ludonadal’ para incentivar o comercio tradicional durante o Nadal PDF Imprimir Correo-e
Venres, 27 Novembro 2009 13:23

O alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o presidente da Asociación de Empresarios de Verín (AEVER), José Ángel Rodicio Portela, asinaron por segundo consecutivo o convenio de colaboración ‘Ludonadal’.

Ler máis...
 
‘O mundo en galego’ na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 27 Novembro 2009 13:19

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración con OQO Editora y a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, programan entre os días 2 e 4 de decembro a campaña ‘O mundo en Galego’, co obxectivo de que os/as nenos/as coñezan a cultura, historia e costumes doutros lugares do planeta a través dos libros e en galego.

Ler máis...
 
I Concurso de Fotografía Dixital da Rede de Telecentros ‘Chegou o Outono’ PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 25 Novembro 2009 15:12

Co obxectivo de fomentar a creatividade no ámbito da fotografía, a Rede de Telecentros de Galicia organiza o I Concurso de Fotografía Dixital ‘Chegou o Outono’. O tema deste concurso é o outono, e nel poderán participar todas aquelas instantáneas nas que se reflicta calquera alusión a esta estación do ano. Devanditas fotografías teñen que ser inéditas e obtidas mediante cámara dixital e deben ser do Concello onde se participa, neste caso o de Verín.

Ler máis...
 
A Biblioteca da Igualdade e da Vida PDF Imprimir Correo-e
Martes, 24 Novembro 2009 11:05

O vindeiro sábado 28 de novembro, de 11.30 a 13 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá a actividade ‘A Biblioteca da Igualdade e da Vida’, co obxectivo de concienciar aos/ás nenos/as da importancia da igualdade e contra a violencia de xénero.

Ler máis...
 
Seminario ‘¿O empresario nace ou faise?’ PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 19 Novembro 2009 10:17

A Casa da Cultura de Verín acollerá o próximo 24 de novembro, desde as 9 ás 14 horas, o seminario ‘¿O empresario nace ou faise?’, organizado dentro do proxecto Espazo Xuvenil, dirixido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Instituto Português de Juventude, e aprobado no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP).

Ler máis...
 
Xogos acuáticos para bebés PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 18 Novembro 2009 10:05

O próximo venres 27 de novembro, a partir das 12 horas, o Concello de Verín e a Fundación Preescolar na Casa organizan xogos acuáticos para bebés, con idades comprendidas entre os seis meses e tres anos, na Piscina Climatizada de Verín.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 751 752 753 754 755 756 757 758 759 760 Seguinte > Final >>

Páxina 756 de 807

?>