Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
Presentación da web da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 22 Maio 2009 14:47
O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e os concelleiros de Cultura e Deporte, Corona Meixeira Romasanta e Víctor Baladrón Lamas, respectivamente, presentaron a nova web da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín. Este site, ao que se pode acceder dende a web municipal -www.verin.es-, está realizado en galego, castelán e portugués; e os usuarios poden atopar información sobre os seguintes aspectos: catálogo on line (OPAC), Compendio Educativo na Rede (CER), normativa, novedades e actividades realizadas no interior da mesma, campañas de animación á lecutra ou biografía e obra dos escritores da comarca de Verín, entre outros.
 
 
Concurso de narrativa da Biblioteca Pública Municipal PDF Imprimir Correo-e
Venres, 22 Maio 2009 14:45
A Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza un Concurso de Narrativa, co fin de fomentar a escritura es os valores culturais e deportivos entre os/as nenos/as da comarca.  Neste concurso poderán participar todos os/as usuarios/as que o desexen, matriculados en centros docentes da comarca de Verín ou do municipio de Chaves, con idades comprendidas entre os 10 e os 14 anos.
 
Ler máis...
 
Óleos e debuxos de Ana Ferreiro PDF Imprimir Correo-e
Martes, 19 Maio 2009 11:11
Desde o 21 de maio ao 10 de xuño, a Casa do Escudo de Verín acollerá a exposición Óleos e debuxos de Ana Ferreiro.
Ler máis...
 
Finalistas e premiados do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez PDF Imprimir Correo-e
Luns, 18 Maio 2009 09:42
A Casa da Cultura de Verín acolleu, con motivo do Día das Letras Galegas, a entrega dos premios do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez. En total, foron finalistas setenta e seis estudantes dos centros CEIP O Castiñeiro de Laza, CEIP de Oímbra, CEIP Amaro Refojo, Colexio María Inmaculada, Colexio Apostólico Mercedario, IES Castro de Baronceli, IES Xesús Taboada Chivite e IES García Barbón de Verín.
Ler máis...
 
Día Mundial da Infancia PDF Imprimir Correo-e
Venres, 15 Maio 2009 11:19
O Pavillón Municipal de Deportes de Verín acollerá durante os días 1 e 2 de xuño a celebración do Día Mundial da Infancia, organizado no ámbito da Eurocidade Chaves-Verín. Unhas xornadas, celebradas o ano anterior en Chaves, que buscan promover o intercambio social entre as poboacións das dúas localidades, espertar o interese polo cultura e o deporte, e promover unha ocupación saudable do tempo de lecer entre os ‘eurocidadáns’.
Ler máis...
 
Concerto de guitarra de Breogán Prego Moreno PDF Imprimir Correo-e
Venres, 15 Maio 2009 11:18
O próximo luns 18 de maio, a partir das 20.15 horas, na Casa de Cultura terá lugar o concerto de guitarra de Breogán Prego Moreno.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 771 772 773 774 775 776 777 778 779 780 Seguinte > Final >>

Páxina 775 de 807

?>