Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
Día das Letras Galegas en Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 15 Maio 2009 11:17
O Concello de Verín celebrará o Día das Letras Galegas cunha Gala Músico-Literaria na Casa da Cultura, o próximo 17 de maio a partir das 19 horas. Nese acto vanse entregar os premios do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez, nos que participaron colexiais de oito centros da comarca de Verín: CEIP O Castiñeiro de Laza, CEIP de Oímbra, CEIP Amaro Refojo, Colexio María Inmaculada, Colexio Apostólico Mercedario, IES Castro de Baronceli, IES Xesús Taboada Chivite e IES García Barbón de Verín.
Ler máis...
 
Charlas-coloquio dentro do programa ‘Concellos Saudables’ PDF Imprimir Correo-e
Venres, 15 Maio 2009 11:17
O próximo 20 de maio, a partir das 19.30 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Verín a charla-coloquio ‘Conceptos de alimentación para a saúde’, impartida por José Antonio Viso. Este diplomado en enfermería presentará aos asistentes os diferentes conceptos de alimentación, como proteínas e carbohidratos, e a súa consumición para lograr unha correcta alimentación, sen esquecer as patoloxías específicas de cada persoa.
Ler máis...
 
Participación de Verín no IV Grande Desfile da Máscara Ibérica PDF Imprimir Correo-e
Venres, 15 Maio 2009 11:15
Durante os días 16 e 17 de maio, o concello de Verín participará nos actos do IV Grande Desfile da Máscara Ibérica, organizado en Lisboa por Progestur, EGEAC e a Associação de Turismo de Lisboa.
Ler máis...
 
Luis Meiriño, novo concelleiro do Partido Popular en Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 15 Maio 2009 11:15
O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez, presentou esta mañá en rolda de prensa ao novo concelleiro do Partido Popular, Luis Meiriño Vieytes, que substituirá no grupo de goberno a María del Carmen Pardo López, actual Secretaria Xeral para o Turismo. Este novo concelleiro encargarase da área que ata o momento ocupaba Pardo López, que é a de Promoción Económica, que inclúe: turismo, comercio, Eurocidade Chaves-Verín, consumo, agricultura e industria.
 
 

 
Dramatización sobre Ramón Piñeiro PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 13 Maio 2009 10:27
A Casa da Cultura de Verín acollerá mañá, a partir de 20.15 horas, unha dramatización sobre o escritor Ramón Piñeiro López, a quen lle esta adicado este ano o Día das Letras Galegas.
Ler máis...
 
Día das Letras Galegas na Biblioteca Pública Municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 12 Maio 2009 10:01
O venres 15 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas, adicado este ano a Ramón Piñeiro López, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá, entre as 18 e 19 horas, as seguintes actividades, destinadas a nenos de 3 a 10 anos:
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 771 772 773 774 775 776 777 778 779 780 Seguinte > Final >>

Páxina 776 de 807

?>