Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
2ª Edición do Programa de Termalismo Social da Eurocidade PDF Imprimir Correo-e
Martes, 05 Maio 2009 11:13
A Eurocidade Chaves-Verín pon en marcha a segunda edición do Programa de Termalismo Social, que comezará o día 22 de maio e na que grupos de 30 a 50 persoas poderán acudir ás Termas de Chaves beneficiándose dun desconto do 50 por cento.
Ler máis...
 
Ciclo de curtametraxes ‘O pequeno é fermoso’ PDF Imprimir Correo-e
Luns, 04 Maio 2009 10:56
Na xornada de hoxe, a partir das 20.15 horas, na Casa da Cultura proxectaranse Cousas do Kulechov, de Susana Rei Crespo. Nun percorrido pola paisaxe, as costumes e a actualidade galega, esta historia narra un suposto conflito bélico onde o exército invasor ataca as costas galegas. Constrúese un falso documental, no que a flota de guerra son as bateas ordenadas sobre a ría, sen esquecer o asalto ás praias ou as mariscadoras entrando no mar, entre outros aspectos.
 
Corte das rúas Cancelón e Espido PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 02 Maio 2009 11:23
Con motivo das obras de renovación do abastecemento e reposición de beirarrúas nas rúas Cancelón e Espido, que comezarán o vindeiro luns 4 de maio, cortaranse devanditas vías, a primeira na súa totalidade, e na rúa Espido, o tramo comprendido entre a rúa Irmáns Moreno e a glorieta da Canella Cega.
Ler máis...
 
Festa dos Maios 2009 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 30 Abril 2009 10:30
A praza da Alameda, acollerá o día 1 a Festa dos Maios desde as 11.30 ás 14 horas. Esculturas feitas con elementos naturais, música tradicional, xogos populares, comida de romaría e reparto gratuíto das coplas do Certame Enrique Gómez Pato, ambientarán esta manifestación da cultura tradicional.
Ler máis...
 
2ª Xornada do Torneo de Fútbol Sala Inter Freguesias/Parroquias Eurocidade Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 29 Abril 2009 16:28
O pasado fin de semana tivo lugar a 2ª xornada do 1º Torneo de Fútbol Sala Inter-Freguesias/Parroquias da Eurocidade Chaves-Verín, rexistrándose os seguintes resultados:
Ler máis...
 
Teatro ‘Sancho, gobernador da Ínsula Barataria’ PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 29 Abril 2009 10:18
A Casa da Cultura de Verín acollerá mañá 30 de abril, a partir das 20.30 horas, a representación gratuíta da obra de teatro ‘Sancho, gobernador da Ínsula Barataria’, do grupo La Caja de Pandora, co apoio do Concello de Verín.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 771 772 773 774 775 776 777 778 779 780 Seguinte > Final >>

Páxina 778 de 807

?>