Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
Gemma Chapela e Francisco Vilaboa inaguraron o palmarés da proba organizada en Verín polo Bicicletas Chinquena PDF Imprimir Correo-e
Martes, 16 Maio 2023 12:53

A segunda xornada da Copa Galicia de Descenso 2023 supuxo unha estrea no calendario autonómico. Na localidade ourensá de Verín, o Bicicletas Chinquena Racing Team organizou a primeira edición do DH Cabreiroá, unha proba que expandiu o flow do certame coordinado pola Federación Ciclismo Galego e que tivo como riders máis rápidos ao elite Francisco Vilaboa (Singletrack) e á líder elite Gemma Chapela (VK Bikes). Tres camisolas da xeral pertencen a novos propietarios.

Ler máis...
 
De Bélxica a Verín: Ialma canta a Rosalía nestas Letras Galegas PDF Imprimir Correo-e
Luns, 15 Maio 2023 16:24

O grupo de pandeireteiras belgas fillas de emigrantes galegos realizan nestas Letras Galegas unha xira moi especial polo país. Estarán en Galicia dende o 13 ao 17 de maio, sendo unha das súas paradas Verín.

Ler máis...
 
O Concello de Verín xunto co Club BTT Verín organiza a XIII Marcha Val de Monterrei PDF Imprimir Correo-e
Venres, 12 Maio 2023 10:51

O Concello de Verín e o Club BTT Verín veñen de presentar a XIII Marcha Val de Monterrei, que terá lugar o domingo día 21 de Maio do 2023. Este evento non competitivo, de velocidade libre, conta con dous percorridos de 45 Km. (dificultad media) e 65 Km. (dificultade alta), percorrendo os montes dos concellos de Verín, Monterrei, Cualedro e Laza.

Ler máis...
 
"Vibra Verín” volve coa súa segunda edición: 3 días de música e percusión na vila do Támega PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 11 Maio 2023 13:02

Esta mañá tivo lugar a presentación oficial da segunda edición do Festival de Percusión Vibra Verín, no Auditorio Municipal de Verín. Serán tres días nos que, ademais de actuacións abertas ao público, o alumnado dos CMUS participantes reunirase para actuar, asistir a obradoiros e concertos, e coñecer a outros percusionistas de renome. Devandito evento está organizado polo Conservatorio Profesional de  Música do Concello de Verín e a Anpa deste centro formativo.

Ler máis...
 
O Concello de Verín presenta a programación das actividades do Día das Letras Galegas en Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 10 Maio 2023 11:57

O Concello de Verín presentou esta mañá a programación de actividades que se desenvolverán en Verín para celebrar o Día das Letras Galegas. Diego Lourenzo Moura, en representación do área de Cultura, confirmou as actividades que terán lugar entre o 12 e o 19 de maio.

Ler máis...
 
Verín celebra o Día da Xuventude en Galicia cunha xornada de actividades educativas e de ocio PDF Imprimir Correo-e
Martes, 09 Maio 2023 10:58

O vindeiro sábado 13 de maio, Verín celebrará e porá en valor o Día da Xuventude cun evento que terá lugar na Praza García Barbón (no caso de inclemencias meteorolóxicas será no Pavillón Municipal de Deportes), de 16 a 21 horas, e contará coa actuación musical da verinesa Victoria Pérez Gascón, ás 20:30 horas. Trátase dunha iniciativa que incluirá unha ampla programación formativa e de ocio destinada tanto á mocidade como ás súas familias, dado que tamén favorece a conciliación da vida familiar e laboral.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 9 de 794

?>