Xoves, 21 Agosto 2008 10:03 |
O Pavillón de Deportes de Verín acollerá, o próximo domingo 24 de agosto, o primeiro partido da Copa Galicia entre Clube Ourense Baloncesto (COB) e Basket Coruña. Neste enfrontamento, que será a partir das 19 horas, a entrada é gratuíta. |
Mércores, 20 Agosto 2008 08:47 |
Nos últimos días, varios/as veciños/as do municipio de Verín recibiron chamadas telefónicas nas que unha empresa ofertaba os seus servizos para realizar análises de auga nas súas casas. Desde o Concello de Verín, co fin de aclarar as posibles dúbidas aos/ás verinenses, puntualízase o seguinte:
- A auga do municipio atópase perfectamente analizada e sometida aos controis específicos preventivos.
- O ente municipal non ten relación con esta empresa privada nin co servizo que oferta. |
|
Ciclo de cinema na Alameda |
|
|
|
Martes, 19 Agosto 2008 10:22 |
Nas próximas semanas, a localidade de Verín acollerá un ciclo de cinema ao aire libre no parque da Alameda, organizado por Elcinedebarrio.com co patrocinio do Concello de Verín.
|
Ler máis...
|
Teatro da Gavela presenta en Verín “O Conde Alarcos” |
|
|
|
Luns, 18 Agosto 2008 08:48 |
Mañá, 19 de agosto, ás 22.30 horas, Teatro da Gavela escenificará na praza García Barbón de Verín a obra “O Conde Alarcos”. A actuación enmárcase nunha xira pola Vía da Prata desta compañía, que patrocina a S.A. de Xestión do Xacobeo e que conta coa colaboración do Concello de Verín.
|
Ler máis...
|
Inscrición gratuíta no xogo de rol en vivo Irmandiños. A Revolta para os habitantes da Eurocidade Chaves-Verín |
|
|
|
Xoves, 14 Agosto 2008 11:38 |
A inscrición para os/as mozos/as residentes na Eurocidade Chaves-Verín que desexen participar no xogo de rol en vivo “Irmandiños. A Revolta” será gratuíta. O proceso de inscrición terá lugar entre os días 18 de agosto e 18 de setembro, e debe realizarse no Gabinete Técnico da Eurocidade, situado no segundo piso da Casa Consistorial de Verín. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 811 812 813 814 815 816 817 818 819 820 Seguinte > Final >>
|
Páxina 820 de 826 |