Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
Verín amosa a súa repulsa ante o intento de feminicidio rexistrado recentemente na vila PDF Imprimir Correo-e
Martes, 27 Maio 2025 12:11

Esta mañá, a Praza do Concello de Verín acolleu unha concentración cidadá de repulsa fronte ao intento de feminicidio acontecido recentemente no municipio. A convocatoria, promovida baixo o lema “Se tocan a unha, tócannos a todas”, reuniu a representantes institucionais, asociacións, entidades sociais e numerosos veciños e veciñas que quixeron amosar de forma unánime o seu rexeitamento ante este acto de violencia brutal contra as mulleres.

Ler máis...
 
VERÍN DI NON Á VIOLENCIA MACHISTA: CONCENTRACIÓN DE REPULSA O 27 DE MAIO PDF Imprimir Correo-e
Luns, 26 Maio 2025 17:37

O Concello de Verín manifesta a súa máis rotunda condena ante o intento de feminicidio ocorrido recentemente na nosa vila, un acto brutal de violencia machista que rexeitamos de maneira contundente.

Ler máis...
 
A Eurocidade Chaves-Verín acollerá unha xornada de capacitación empresarial sobre turismo rural o 26 de maio PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 21 Maio 2025 10:13

O vindeiro 26 de maio, a Fundación Galicia Europa, en colaboración coa ADRAT – Asociación de Desenvolvemento da Rexión do Alto Tâmega e a Asociación de Novos Empresarios de Galicia, organiza un obradoiro de capacitación empresarial sobre Turismo Rural e sectores relacionados, enmarcado no proxecto INCUBTRANS.

Ler máis...
 
Verín acolle o I Encontro de Mulleres Xitanas da comarca PDF Imprimir Correo-e
Martes, 20 Maio 2025 09:14

A Casa da Cultura de Verín acollerá o vindeiro xoves 30 de maio, a partir das 10:00 horas, o I Encontro de Mulleres Xitanas da Comarca de Verín, unha xornada formativa e de convivencia destinada a fomentar o apoderamento, a aprendizaxe colectiva e o diálogo intercultural entre mulleres xitanas e paias da contorna.

Ler máis...
 
O Concello de Verín premia a creatividade literaria estudantil nas Letras Galegas 2025 PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 18 Maio 2025 13:44

Os primeiros premios do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez, organizados polo Concello de Verín con motivo do Día das Letras Galegas -coa colaboración de Supermercados GADIS-  foron este ano para alumnado do IES Castro de Baronceli, do Colexio Plurilingüe María Inmaculada, do Colexio Apostólico Mercedarios do CEIP Plurilingüe Amaro Refoj e do IES Xesús Taboada Chivite.

Ler máis...
 
“Pensamentos Fuxidos”: a esencia de Rivada regresa a Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 08 Maio 2025 12:26

O luns 12 de maio ás 19:30 horas, inaugúrase na Sala de Exposicións de Verín a mostra “Pensamentos Fuxidos”, unha viaxe á obra máis íntima e representativa de Xosé Lois Gómez Rivada, un artista que fixo da loita coa materia un diálogo artístico de fondo alcance simbólico.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 831

?>