Flor Fernández Santamarina presenta 'Contos que non son contos' Imprimir
Venres, 13 Marzo 2009 11:29
Mañá, 14 de marzo, a partir das 19 horas, a artista verinense Flor Fernández presenta, na Casa da Cultura de Verín, a serie de relatos Contos que non son contos. Trátase de tres historias que prantexan dúbidas e xeneran respostas a través da mirada duns personaxes inventados.

Contos que non son contos constitúen para Flor Fernández a súa primeira incursión no campo da creación literaria. A obra foi editada pola Asociación Galega de Arte e Cultura e conta coa colaboración da Consellería de Cultura e  Deporte da Xunta de Galicia.
    
A autora estará acompañada durante a presentación polo cantautor Xoán Curiel que interpretará algunha das súas cancións.

Flor Fernández naceu en Verín. A súa vida profesional desenvólvea en Euskadi onde vive e traballa. Adicouse a fotografía de prensa durante trece anos no Periódico 'La Gaceta del Norte'. Na actualidade fai fotografía e escultura.  Tanto no seu traballo escultórico como no fotográfico e literario, Flor Fernández utiliza unha linguaxe plástica orgánica e intuitiva que evoca momentos de intimidade, silencio e poesía. A súa obra combina unha narratividade fresca e directa con ensoñacións de inspiración surrealista nas que a artista proxecta a súa prolífica capacidade creativa.

Xoan Curiel naceu na Fonsagrada no ano 1975. A súa carreira artística iniciase en Santiago de Compostela. Nesta cidade comezou no mundo da música e da interpretación. Pronto inicia unha fructífera carreira que o leva a conseguir distintos galardóns como o do Certame de Cantautores do Ceutí (Murcia) no 2005. O seu primeiro disco leva por título Nai e presentouno por vilas e cidades do País. Este compositor preséntanos o froito dun traballo de tres anos, unha proposta musical aberta con influencias de varias músicas do mundo.