Feira de Cans de Caza Imprimir
Martes, 05 Abril 2011 11:25

O próximo sábado 9 de abril, o recinto da Lonxa Agropecuaria de Verín acollerá unha exposición de cans de caza, desde as 10 ás 14  horas.

Nesta mostra participarán un total de 20 expositores con máis de 250 cans de caza menor, pluma e caza maior, que optarán a trofeos aos mellores exemplares en todas as categorías.

Esta iniciativa, que se celebra por terceiro ano consecutivo, encádrase nas actividades programadas para a Feira do Lázaro e Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’.

Este evento está organizado polo Concello de Verín e patrocinado por: Eurocidade Chaves-Verín, Inorde, Padroado de Turismo de Ourense, Deputación Provincial, Xunta de Galicia, Gadis, Cabreiroá, Construcciones Hnos. Carrajo, D.O. Monterrei, Saroni, Socitransa, Pirotecnia Xaraiva, La Caixa, Caja Rural de Zamora, Sousas, Vipeca, Baira Pousa, Estradas Galegas SL, Espina & Delfín, Losada Rotulación, Emi Álvarez, AEVER e AECOM.