'Maratón de Fútbol-Sala Feminino' Eurocidade Chaves-Verín Imprimir
Venres, 08 Xullo 2011 13:23

Durante todo o fin de semana, o Pavillón Municipal de Deportes de Verín acollerá a celebración da primeira edición do ‘Maratón de Fútbol-Sala Feminino’, organizado pola Eurocidade Chaves-Verín.

Nesta edición participarán un total de oito equipos procedentes de Ourense, O Carballiño, Xinzo de Limia, Verín e Portugal, que optarán aos seguintes premios:

- 1º clasificado (300 €  máis trofeo),
- 2º clasificado (200 €  máis trofeo),
- 3º clasificado (100 €  máis trofeo).
- Trofeo á mellor porteira.
- Trofeo á máxima xogadora.

Os equipos participantes son:
- Grupo A: Envialia, Diogo Câo, Frigodedos e Parchís.
- Grupo B: Verín F.S., As Pataqueiras F.S., Carballiño F.S., A.D. Mogrâo.

O primeiro partido disputarase a partir das 15 horas ata ás 2.30 horas, momento no que comezarán os cuartos de final. Os enfrontamentos de semifinais terán lugar ás 10 e 10.50 horas do domingo, o partido polo 3º e 4º posto será ás 11.40 e a final celebrarase ás 12.30 horas.

A Eurocidade Chaves-Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).