Últimas prazas para o Maratón Fútbol-Sala ‘Vila de Verín’ Imprimir
Luns, 11 Xullo 2011 12:48

O vindeiro 13 de xullo, ás 14 horas, conclúe o prazo de inscrición para participar na cuarta edición do Maratón Fútbol-Sala ‘Vila de Verín’, organizado pola área de Deportes, Mocidade e Festexos do Concello de Verín coa colaboración da Eurocidade Chaves-Verín.

Ata o momento xa se cubriron dezaseis prazas das 21 existentes. A inscrición debe realizarse na sucursal Caja Rural de Zamora (Verín), abonando unha cota de 150 euros por equipo (no nº de conta 3085 0082 58 2139271213) e indicando o nome do equipo e teléfono de contacto.

Os partidos, que se disputarán no Pavillón Municipal de Deportes e no complexo deportivo de A Granxa, terán lugar os días 16 e 17 de xullo en Verín. E os premios aos que optarán os equipos participantes son os seguintes:

- 1º clasificado (2.000 €  máis trofeo),
- 2º clasificado (1.000 €  máis trofeo),
- 3º e 4º clasificado (300 €  máis trofeo).
- 1º Eurocidade Chaves-Verín (800 €  máis trofeo),
- 2º Eurocidade Chaves-Verín (400 € máis trofeo).
- Trofeo ao mellor porteiro e xogador.

Por primeira vez otórganse os premios da Eurocidade Chaves-Verín, e para participar nesta categoría os equipos deberán contar como mínimo con cinco xogadores pertencentes ao Concello de Verín ao Municipio de Chaves, acreditando a súa residencia cun certificado de empadroamento, no caso de Verín, ou a tarxeta de residencia, para os habitantes flavienses.