A Fundación Antena 3 apoia o voluntariado da Biblioteca de Verín Imprimir
Martes, 12 Xullo 2011 11:00

A Fundación Antena 3 remitiu Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín un vídeo de apoio ao Programa de Voluntariado Cultural e Fomento Lectura, promovido nos últimos anos desde esta institución municipal.

O mesmo, destinado a felicitar o labor dos/as mozos/as voluntarios/as que forman parte desta iniciativa, está protagonizado por Susana Gato, responsable de Proxectos da Fundación Antena 3, e Andrea Duro, actriz na serie televisiva Física y Química no papel de Yoli. Unha actuación que se suma ao premio concedido por esta Fundación á biblioteca verinense, o pasado ano, a este proxecto de voluntariado, e que permitiu que os/as menores visitasen as instalacións desta cadea de televisión e coñecesen, de primeira man, as actividades desenvolvidas por parte da FundaciónAntena 3.

O Proxecto de Voluntariado Cultural e Fomento Lectura trátase dunha iniciativa na que nenos/as voluntarios/as, con idades comprendidas entre os 11 e 15 anos, participan en actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización destas instalacións municipais, a través da realización de contacontos, manualidades e murais, e que están destinadas a nenos/as do municipio con idades entre os 3 e 8 anos.

O vídeo pode visualizarse no seguinte site: http://es-es.facebook.com/pages/Biblioteca-P%C3%BAblica-Municipal-de-Ver%C3%ADn/104133986331021