‘Día Mundial das Bibliotecas’ en Verín Imprimir
Luns, 17 Outubro 2011 11:41

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza, con motivo da celebración do Día Mundial das Bibliotecas, unha actividade cultural o vindeiro venres 21 de outubro, de 18 a 19.30 horas, enmarcada dentro da programación de actuacións destinadas ao fomento da lectura.

Esta iniciativa, para nenos/as de 3 a 10 anos, consistirá realización de contacontos e manualidades, e na mesma colaborarán os/as voluntarios/as da Biblioteca de Verín. Para participar nesta actividade, destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da Biblioteca por día, é necesario inscribirse nas instalacións municipais ou no teléfono 988-414776.