X Rali de Inverno-Hotel Casino de Chaves Imprimir
Luns, 12 Xaneiro 2009 14:02
O día 16 de xaneiro, desde as 13 ás 16 horas, vehículos fabricados entre os anos 45 e 74, como Mercedes 300 SL, Ferrari 250 GTE, Aston Martin DB4, Porsche 356 ou Jaguar E instalaranse na praza da Alameda de Verín con motivo da décima edición do Rali de Inverno Hotel-Casino de Chaves.
Durante os días 15, 16, 17 e 18 de xaneiro, esta proba de clásicos deportivos, que roza o centenar de inscricións de todos os puntos de España, percorrerá localidades de sudeste da provincia de Ourense e a cidade lusa de Chaves, onde finalizarán todas as etapas e celebrarase a cea de gala.

Na primeira xornada terá lugar a recepción dos vehículos, a partir das 21 horas, que ao día seguinte, 16 de xaneiro, viaxarán ata Verín para amosar estes automóbiles clásicos aos veciños da vila, regresando posteriormente a Chaves. O sábado, 17 de xaneiro, ás 10.30 horas, todos os participantes sairán do Castelo de Monterrei en dirección A Rúa, onde realizarán un xantar, e tras percorrer O Barco de Valedoras, A Veiga e A Gudiña, retornarán á localidade flaviense para celebrar a cea de gala.

Este actividade está organizada polo Rali-Club de Inverno, coa colaboración do Hotel-Casino Chaves e os concellos de Verín, A Rúa e O Barco.