Instalación dun elevador de discapacitados na piscina climatizada Imprimir
Xoves, 15 Xaneiro 2009 14:11
O Concello de Verín procedeu á instalación, nos últimos días, dun elevador de discapacitados na piscina climatizada da localidade, co fin de facilitar o acceso ao vaso da piscina ás persoas con problemas de mobilidade.  Devandito elevador está conformado por unha cadeira, pasamanos e cilindro elevador hidráulico e o seu custo ascende a 5.931,54 €.