Concurso de Gastronomía 'Cigarrón de Verín' e Mellor stand Imprimir
Sábado, 28 Marzo 2009 19:00

O Pavillón de Deportes de Verín acolleu o Concurso de Gastronomía 'Cigarrón de Verín', englobado dentro da Feira do Lázaro e o Certame Gastronómico 'Vila de Verín', e no que participaron 19 dezanove participantes -a maioría competindo por parellas- pertencentes a diferentes restaurantes, escolas de hostalería de Ourense, Vigo e Santiago de Compostela, e a Asociación de Empresarios de Hostalería da Comarca de Monterrei.

 

Tras elaborar os pratos, prato principal ou sobremesa, en show cooking -cociña en vivo- e maridalos con viño da D.O. Monterrei durante a presentación; o xurado conformado por Tomás Alonso (Programa Larpeiros da TVG), Enric Ribera (Revista Gourmet Vinos), José Manuel Martínez Juste (Enólogo da Quinta do Buble), Manolo Fernández (Presidente da Academia Gastronómica Ourensana) e Juan Manuel Muñoz (Gran Cigarrón 2008), tomou a seguinte decisión:

 

-         “Gran Cigarrón” (na categoría de prato principal e cun valor de 600 euros, patrocinado por Concello de Verín): “Papada afumada, chourizo e guisantes”, de Manuel Rey Pérez e Daniela Padilha (Restaurante Casal do Cabildo).

-         “Cigarrón Doce” (na de sobremesas, e cuxo valor ascende aos 300 euros, patrocinado por AEVER): “Tiramisú de castaña”, de Víctor Domínguez Prieto e Khadija Fathallah Hida ( IES Vilamarín).

-          “Denominación Orixe Monterrei” (ao mellor maridaxe, dotado con 400 euros, apadriñado pola D.O. Monterrei): “Ossobuco con salsa de yuca e ceboliño”, de Kleber Ferreira Gueds e Cinthia Margarida Santos de Sousa (Centro de Hostelería de Ourense).

Ademais no transcurso da Feira do Lázaro, un xurado cualificador, composto por representantes de organismos públicos e privados, elixiu o mellor stand participante na mesma - valorando orixinalidade, creatividade, presentación dos produtos, disposición de espazos e selección de materiais empregados-; e que nesta ocasión recaeu en “La Casa del Mueble”. Devandito  premio consiste nun fin de semana para dúas persoas no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela -outorgado pola rede Paradores de Turismo- e un diploma acreditativo.

 A entrega de premios terá lugar esta noite durante a Cea de Lázaro a partir das 21.30 horas, na Lonxa Agropecuaria.