Exposición ‘Visións’ Imprimir
Xoves, 11 Xuño 2009 09:16
Desde o 12 ao 27 de xuño, a Casa do Escudo de Verín acolle a exposición Visións, de Ángel Sotelo Seguín.

A mostra reúne 32 fotografías analóxicas en branco e negro, realizadas con procesos manuais e cámaras de formato medio. Ademais, constitúe unha reflexión sobre a arte da fotografía, mediante un exercicio de composicións co único fin de plasmar visións persoais e mostrar a vida interior dos obxectos e contornas, a través dunha sublime apelación ao branco e negro, cun rexeitamento total a calquera tipo de pirotécnica policromática.

Esta exposición poderase visitar de luns a sábado, das 10 ás 14 horas e das 16.30 ás 20.30 horas.