III Xornada de Deporte e Saúde Imprimir
Venres, 12 Xuño 2009 18:21
O Concello de Verín organiza o próximo 20 de xuño, a partir 16.30 horas, a III Xornada de Deporte e Saúde. Esta actividade, financiada pola Deputación Provincial de Ourense e enmarcada dentro de Concellos Saudables, busca inculcar aos/ás veciños/as da comarca de Monterrei a importancia do exercicio físico para mellorar a saúde pública, potenciar os hábitos deportivos e reunir a todas as asociacións de mulleres rurais da provincia.

Devandita xornada, de carácter gratuíto, está conformada polas seguintes actividades:
- Charla-coloquio ‘Moverse o mellor medicamento’, impartida por Miguel Aragón Fitera (licenciado en Educación Física e diplomado en Fisioterapia, Coordinador do Servizo de Rehabilitación Cardíaca da Clínica Cardiológico Corazón Azul de Vigo e profesor de Educación Física no Instituto As Lagoas. Ademais, co-autor do Proxecto RECARGA e A fisioterapia na Rehabilitación Cardíaca).
- Aerobic, con Víctor López.
- Exhibición escola de baile nenos Saudeter.
- Salsa, con Julia Martínez.
- Tai chi, por Manolo Rodríguez.
- Hip-hop, con Marga Ansias.
- Exhibición de diferentes estilos danza do ventre, tango arxentino e ritmo latino (Tango, danza do ventre, zouk -parecido á lambada- e flamenco) con
Eleonora Pokidiuk (Arxentina) e Ulises Dacosta (Pontevedra).
- Taller de baile con Eleonora Pokidiuk (Arxentina) e Ulises Dacosta (Pontevedra).
 
As inscricións deberán realizarse antes do vindeiro mércores 17 de xuño nas instalacións da Piscina Climatizada.