O Concello de Verín e o Centro de Transfusión de Galicia impulsan a participación dos veciños e veciñas na doazón de sangue Imprimir
Mércores, 05 Agosto 2009 09:40
O  Concello  de  Verín e  o  Centro  de  Transfusión  de  Galicia  ( CTG ), impulsan  unha  iniciativa  que  ten  como  obxectivo  promover a  participación  dos  veciños  e  veciñas  nas  campañas  de  doazón  de sangue,  e  deste  xeito  garantir o  correcto  desenvolvemento  do  labor  asistencial  nos  centros  sanitarios  galegos,  que  van  a  precisar  ó  redor  de  40.000  doazóns  de  sangue  nos  meses  de  verán  para  cubrir  todas as  necesidades.

As  persoas  que  desexen  participar  poden  acudir  á  unidade  móbil  do  CTG  a : Praza Maior

XOVES, 6 de AGOSTO
De 10 ás 14.00 e de 16.30 ás 21.00 horas

VENRES, 7 de AGOSTO
De 16.30 ás 21.00  horas

Mediante  esta  iniciativa,  que  se  está  a  desenvolver  este  verán  en  máis  de  200  Concellos,  preténdese  mellorar a  información  sobre  este  acto altruísta.  O  Concello  de  Verín e o CTG  amosan o  seu  agradecemento a  tódolos  veciños que  participan  cada  ano  nas  campañas  de  doazón  de  sangue  e  permiten  deste  xeito  que  moitos  enfermos  recuperen  a  súa  saúde. O  pasado  ano  2008  houbo  971 doazóns  no  noso  Concello, o que fixo que Verín sexa un ano máis un dos concellos máis solidarios de Galicia acadando o índice recomendado pola Organización Mundial da Saúde (OMS).