O Concello de Verín vén de activar o seu plan especial de limpeza e desbroce das marxes do río Támega. Os operarios municipais xa se atopan traballado na primeira das súas fases, que abarca os tramos comprendidos entre a área recreativa de Tintores ata ponte da N-525 ao seu paso por Verín; e desde a ponte de Pazos ata nova ponte en construción situado en Queizás.
Os traballos efectuados dentro deste plan buscan a mellora da vexetación de ribeira do Río Támega mediante a retirada de árbores mortas do seu leito, retirada de vexetación invasora e desbroce selectivo en ambas as marxes.
Segundo explicou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, «o obxectivo principal deste plan é favorecer o comportamento hídrico do Río Támega ao seu paso polo noso municipio e poder así manter o seu caudal ecolóxico; sempre, por suposto, respectando en perfecto estado a biodiversidade, tanto do propio río como da zona as súas ribeiras». Seoane tamén quixo recordar que o Concello de Verín conta cos permisos correspondentes dos organismos competentes (Consellería de Medio Ambiente e Confederación Hidrográfica do Douro) para realizar esta actuación.
Esta acción, na que se investirán 120.000 euros, está dividida en dúas fases. A primeira, na que se está traballando actualmente, abarca os tramos comprendidos entre o area recreativa de Tintores ata ponte da N-525 ao seu paso por Verín; e desde a Ponte de Pazos ata nova ponte en execución situado a paraxe do Pracer, en Queizás. A segunda, que será executada en setembro, limpará as ribeiras do Támega ata a fronteira con Portugal.
PROXECTO INTEGRAL DE REESTRUTURACIÓN E SANEAMENTO DE VERÍN
Este actuación forma parte do Plan Integral de Reestruturación e Saneamento de Verín deseñado polo Concello e que está destinado a completar o correcto funcionamento do ciclo da auga do río Támega ao seu paso por vila. O mesmo suporá un investimento total que roldará os 400.000 euros.
Este proxecto divídese en tres grandes actuacións. A primeira, que xa se atopa en marcha, comprende accións de limpeza e desbroce das ribeiras do río Támega; a segunda, estará enfocada a mellorar saneamento hídrico ao seu paso pola zona urbana; e a terceira terá como obxectivo o saneamento nos pobos que conforman o municipio.
|