ACTUALIZACIÓN | Novas restricións vixentes en Galicia |
Sábado, 08 Maio 2021 12:45 |
A Xunta de Galicia vén de publicar no #DOG a orde oficial que establece as novas restricións fronte á #COVID19. Comezarán a estar vixentes ás 00:00 horas deste domingo, 9 de maio. No caso da eliminación do toque de queda e as medidas da hostalaría, estarán vixentes desde hoxe, sábado 8 de maio. Principais medidas vixentes en Verín (Nivel medio: (https://cutt.ly/tbUey8n):
- Máximo 6 persoas en exterior y 4 en interior. - Prohibidas as reunións de non conviventes entre a 01:00 e as 06:00 horas.
- Os bares poderán pechar ás 23:00 horas e os restaurantes ás 01:00 horas. - Os aforos mantéñense nun 30% en interior e 50% en exterior.
- En ximnasio e piscinas, ao 30% - Eventos con público ao 30% do seu aforo cun máximo de 250 persoas en espazos pechados e 500 ao aire libre - Actividades dirixidas, 4 persoas en interior e 6 en exterior mais monitor.
? As medidas referentes ao toque de queda e las reunións están pendentes de revisión polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. - Medidas vixentes ata o 22 de maio. Podes consultar o DOG ao completo na ligazón ???? https://bit.ly/2Q0jiJN |