O Fondo Galego de Cooperación e Soldiariedade pon en marcha o Ciclo de webinars 'A Axenda 2030 na cooperación municipalista' Imprimir
Xoves, 13 Maio 2021 08:39

 O Fondo Galego de Cooperación e Soldiariedade, ao que pertence o Concello de Verín, pon en marcha o Ciclo de webinars 'A Axenda 2030 na cooperación municipalista' con fin de propiciar o achegamento entre as administracións locais socias e os parceiros nos países empobrecidos ou outras entidades de interese para o troco de experiencias cos nosos concellos e deputacións.


O primeiro encontro virtual terá lugar o vindeiro mércores, 19 de maio, de 11 a 12:30 horas, e centrarase na 'Planificación estratéxica arredor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible'. A Diputación de Huelva, a vila portuguesa de Maia e a cidade mozambicana de Pemba compartirán connosco a súa experiencia neste proceso.

Pensamos que estas boas prácticas poderán servirvos de inspiración, polo cal vos convidamos a asistir á sesión e a difundir tanto no seo da vosa entidade como á cidadanía en xeral (cartel en anexo). Así mesmo, animámosvos a participar no debate que se producirá tras as intervencións, especialmente se queredes comentar o traballo do voso municipio na localización dos ODS.

inscricións: http://bit.ly/axenda1
+info: https://fondogalego.gal/a-axenda-2030-na-cooperacion-municipalista/
fb: http://bit.ly/axendafb