O presidente do tribunal da proba para un emprego temporal de Verín non aprecia ningunha irregularidade no proceso selectivo Imprimir
Mércores, 09 Xuño 2021 16:28

 O presidente do tribunal proceso selectivo para unha praza temporal dun ano de duración no servicio de Atención á Dependencia non aprecia  «ningunha irregularidade» no proceso selectivo, tal e como deixou constancia nun escrito remitido á comisión de revisión que se reuniu hoxe en Verín. O alcalde, pola súa banda, sinalou que en todo momento estivo alleo ao proceso, tutelado polos técnicos municipais. A comisión de revisión de revisión volver a reunirse o venres.

Segundo deixa constancia o funcionario presidente do tribunal, «no aprecio irregularidad en el proceso de selección», nun escrito que foi entregado á comisión de revisión, nun proceso no que «las bases específicas de contratación fueron aprobadas por la Comisión de Control el día 14/5/2021» integradas polos sindicatos e representantes do Concello.

No seu escrito tamén deixa constancia que o exame se desenvolveu «sen advertir ningunha incidencia o anomalía», exame cuxo contido foi elaborado por persoal experto e con ampla experiencia do servicio de dependencia municipal ofertado polo Concello de Verín.

O presidente do tribunal finaliza o informe reiterando que non observa ningunha anomalía na proba.


«Igual ca todos, pero tan igual coma os demais»

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, en declaracións aos medios e comunicación, sinalou que non tivo en ningún momento nada que ver co proceso «de selección dunha praza temporal dun ano», cun temario «público e convocado polos técnicos municipais en tempo e forma» e que foi divulgado cumprindo todos os preceptos legais.

«A miña filla é igual cos demais, pero tan igual coma todos. Ten dereito a presentarse á proba en condicións de igualdade, sinalou, «e o feito de que estea reunida esta comisión, composta por técnicos e sindicatos, é o que marca a diferencia coas malas prácticas doutros lugares ou doutras ocasións».

Neste sentido, Seoane recalcou que as decisións da comisión de revisión seguirán a un criterio puramente legal e como tal terán que ser respectadas, «sexa o que sexa o que ditaminen». A comisión de revisión voltará a xuntarse o venres para continuar co proceso.  O Concello suspende a proba  selectiva ata que haxa un ditame concluínte da comisión de revisión, composta por sindicatos, técnicos e representantes da administración.