A Praza da Mercé acolle o espectáculo infantil “A banda das apertas” Imprimir
Mércores, 21 Xullo 2021 13:03

 O vindeiro domingo 25 de xullo, ás 20:00 horas, a Praza da Mercé de Verín acollerá o espectáculo infantil “A Banda das apertas”. Nesta nova produción as músicas do creador Magín Blanco conviven con outras coñecidas cancións que o público familiar recoñece e valora da historia da música contemporáneas, e que permitirán gozar en familia dun concerto, no que o público é parte do elenco: coreando, acompañando e sobre todo desfrutando con eta actuación.


Actuación organizada polo Concello de Verín, dentro do programa da Rede galega de teatros e auditorios. Entrada libre ata completar aforo.