O Auditorio de Verín acolle a conferencia “112 desde Cero” Imprimir
Mércores, 13 Outubro 2021 12:48

 O vindeiro sábado 16 de outubro, ás 18:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a charla “112 desde cero” impartida por Brais Quintairos, enfermeiro do Summa 112. Devandita conferencia busca achegar aos asistentes o mundo das emerxencias a través dun relatorio ameno e didáctico.

Nunha sociedade na que os primeiros auxilios seguen sen incluírse nos niveis de educación obrigatoria, nesta conferencia intentarase proporcionar ao público as ferramentas básicas para actuar en situacións de risco vital.

Adoitamos pensar que este tipo de eventos sempre acontecen nun hospital, rodeados de sanitarios e cos medios necesarios; pero case nunca é así. Domicilios, bares, prazas, tendas... Son lugares nos que, en calquera momento, se pode poñer en xogo a vida dunha persoa... E está nas túas mans pode estar a solución ao seu problema!