Pleno Extraordinario: 14 de outubro de 2021 Imprimir
Xoves, 14 Outubro 2021 12:12

Pleno O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión extraordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:


1.  APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DE DATA 09/09/2021

2. Expediente 3007/2021. Peche e Liquidación do Orzamento. CONTA XERAL 2.020 3. Expediente 3474/2021. Modificación de Créditos.  MODIFICACION DE CREDITOS

3. ORZAMENTO 2021, NUM. 9/2.021, REDUCCIÓN DE INVERSIONES IMPORTE 226.182,06 EUROS, DEBIDO A LIQUIDACION 2.020 CON REMANENTE DE TESORERIA NEGATIVO.

4.  Expediente 3553/2021. Modificación de Créditos.MODIFICACION CREDITOS ORZAMENTO 2021 NUM. 10, E EXPEDIENTE RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CREDITO 1/2021, SUPLEMENTOS DE CREDITO CON CARGO A REMANENTE LIQUIDO TESORERIA 2020, REGULARIZAR SALDO 413, IMPORTE 119.102,01 EUROS.

Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión ordinaria, o presidente, Gerardo Seoane, someteu a votación  o peche e liquidación da conta xeral orzamento 2020, quedando aprobado este punto por 12 votos (7 PSdG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 votos en contra do Partido Popular.

Por outra banda, o pleno tamén aprobou, por 12 votos (7 PSdG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 votos en contra do Partido Popular, o expediente de redución de gastos do orzamento vixente mediante baixas por anulación para financiar o remanente de tesouraría negativo que resulta da liquidación do Orzamento do exercicio 2020, por importe de 527.331,23 euros, de acordo co seguinte detalle, entendo  que  estas  baixas  non  afectan  o  funcionamento  normal  dos  servizos  que  presta  a Corporación, xa que se trata de inversión e non de gasto corrente:

Cifras

A diferencia que resta por compensar do total do remanente de tesoureira negativo do ano 2.020, e que ascende a  301.149,17 Euros, será tida en conta na elaboración do orzamento do ano 2022, para aprobalo con este superávit inicial, dado que se estima que non é posible neste ano 2021 máis redución de gastos, sen que afecte o funcionamento normal dos servizos nin a inversións necesarias neste orzamento.

Por último, acordouse na sesión, por 12 votos (7 PSdG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 votos en contra do Partido Popular, aprobouse o recoñecemento  extraxudicial  de créditos,  num. 1/2021,  por importe de 119.102,01 euros -das facturas detalladas no mesmo- do ano 2020, así como levantar o reparo de intervención para todas estas facturas.