Gisela, a voz de Disney en España, actuará o 21 de maio en Verín Imprimir
Martes, 10 Maio 2022 10:24

 O vindeiro día 21 de maio, ás 19:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a actuación de Gisela, a voz de Disney en España.

Chega a Verín Gisela Concert Kids, un espectáculo musical para toda a familia onde a artista, un fada máxica, carismática e con voz anxelical, introduciranos nun fantástico e apaixonada viaxe de moitas aventuras Disney.

Os asistentes mergullaranse de cheo nos contos e cancións infantís que marcaron a infancia de varias xeracións tales como: “Sueña” (El Jorobado de Notredame), “Parte de él” (La Sirenita), “Ha Nacido una Estrella” (Hercules), “Aquella estrella de allá” (Peter Pan), “Bella y Bestia”, “Colores al viento” (Pocahontas), etc…

Ademais, Gisela non virá soa… Chega acompañada dunha posta en escena espectacular, vestiarios animados, personaxes moi pero que moi coñecidos, decorados, e moitas máis cousas que conectasen aos espectadores de principio a fin co show durante máis dunha hora de duración.

As entradas xa están dispoñibles en ataquilla por 10 euros


A voz de Disney

A compañía cinematográfica “Disney” seleccionouna  entre todos os seus compañeiros de OT para interpretar “Aquella estrella de allá da película Peter Pan.

Desde entón ela e Disney tiveron unha unión moi especial e hoxe en día  Gisela é coñecida por ser a voz oficial de Disney en España. O que a levou a interpretar as cancións máis coñecidas de películas, como a anterior nomeada, Peter PanBella y Bestia e a máis actual Frozen 2, a cal lle levou a percorrer infinidade de países e escenarios, levando a súa voz ata a famosa gala de “Los Oscar” interpretando a canción “Mucho más allá”.

As entradas xa están dispoñibles, por 10 euros, en ataquilla.com.