O IES García-Barbón de Verín presenta o novo ciclo en Dual de Electromecánica de maquinaria. Imprimir
Venres, 10 Xuño 2022 12:25

 A directora do instituto, María Soledad Gómez, presentou aos concellos e axentes dinamizadores de emprego a amplia oferta formativa que existe no centro para “evitar o éxodo do alumnado cara as cidades, moitas veces condicionado pola desinformación da oferta formativa que hai na zona”.  O centro conta actualmente con ensinanzas de Bacharelato, Educación Secundaria de Adultos, ciclos formativos das seguintes familias profesionais: sanitaria, administrativa, instalación e mantemento e automoción, sección delegada da Escola Oficial de Idiomas e Aula Mentor.

A xuntanza serviu para establecer contacto cos axentes dinamizadores de emprego e establecer as necesidades de formación en cada un dos concellos e entidades de poboación, de cara a posibilidade de solicitar novos ciclos que se adapten as necesidades reais.

Maite González, dinamizadora da Formación Profesional Dual, presentou o novo ciclo de Electromecánica de Maquinaria, que conta con 12 prazas e se impartirá no instituto verinés e en colaboración coas empresas:  Agrícola Suárez Sl, Comercial Agrícola Guerra SL, Agrícola Jairo SL, Agrícola Calvo SL, Jose Estévez As Ferreiras SL, Maquinaria para Excavacións de Galicia e Taller Agrícola Jaime. O periodo de solicitude neste ciclo realizarase de maneira telemática entre o 23 de xuño e o 5 de xullo. As solicitudes para os ciclos de grado medio e superior que se imparten de maneira presencial serán nas mesmas datas.

No acto tamén se presentou o viveiro de empresas co que conta o centro educativo, e que calquera persoa que queira crear unha empresa e estivera matriculado no sistema educativo galego nos últimos 4 anos, se lles facilitaría asesoramente, o espazo, teléfono e internet durante 1 ano e prorrogable durante outro ano. Toda a información sobre o viveiro pódese consultar na web do mesmo: https://www.viveiroiesgarciabarbon.com/

Acceso a retransmisión por streaming da xornada: https://youtu.be/KEYGPT6DR3Q

Acceso aos vídeos da oferta formativa de FP: https://youtube.com/playlist?list=PLwETabGTKTUe6xvQKAR8A_6LyIKnXuG-p