Xogos acuáticos para bebés Imprimir
Mércores, 18 Novembro 2009 10:05

O próximo venres 27 de novembro, a partir das 12 horas, o Concello de Verín e a Fundación Preescolar na Casa organizan xogos acuáticos para bebés, con idades comprendidas entre os seis meses e tres anos, na Piscina Climatizada de Verín.

Esta actividade física, realizada para fomentar os beneficios sociais-afectivos, cardiopulmonares e de psicomotricidade dos participantes, permitirá concienciar aos pais e nais da importancia dos hábitos saudables nos primeiros meses de vida e amosará as alternativas deportivas relacionadas coa auga.

Para participar nesta actividade, englobada dentro do programa Concellos Saudables, é necesario inscribirse nas instalacións da Piscina Climatizada (de 7,30 a 12,30 horas e de 16 a 23 horas -de luns a venres-, de 9 a 13 horas e de 16 a 20 horas -sábados- e de 10 a 13 horas -domingos-).