Os contacontos ao aire libre volven en agosto Imprimir
Mércores, 03 Agosto 2022 09:28


A biblioteca municipal organiza de novo a campaña Os Venres Son de Conto tras o éxito do ano pasado. Contaremos cunha unha serie de contacontos e outras actividades lúdicas na rúa dirixidas aos máis pequenos. Serán ás 20:00 horas en Irmáns la Salle e visitarannos coñecidos músicos e animadores infantís.


Venres 5: Luis Vallecillo, un compositor e titiriteiro que comparte a súa música co espectáculo A igualdade non ten idade.


Venres 12: Raquel Queizás, contacontos e actriz, que na función O Eco das Pedras pretende desvelar as historias ocultas das rochas. “Nelas viven as mouras encantadas, as serpes, os trasnos, os xigantes...”


Venres 19: Paco Nogueiras e o seu show Brinca Vai! De aquí a acolá. O músico é coñecido polas súas cancións infantís e familiares. Os temas principais que trata son a alegría, a amizade, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano e o valor do galego.


Venres 26 con Música Miúda en Concerto. Bemol Pequeño trae un espectáculo de música para toda a familia. A meiga Xela, o dinosauro Pepón e moitos outros personaxes cantarán e bailarán connosco