actualización de información referente ao Incendio Forestal declarado hoxe en Verín Imprimir
Xoves, 04 Agosto 2022 09:00

Incendios Verín  Segundo a información facilitada pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, actualizamos os últimos datos referentes ao incendio forestal declarado hoxe en Verín ás 14:52 horas en tres focos simultáneos, polo que todo apunta a unha clara intencionalidade:

  • 600 Ha queimadas
  • Ao redor de 12 focos de lume
  • Por precaución, mantense a situación 2 de emerxencias (actualmente xa non existe perigo para as persoas nin para os núcleos poboacionais da zona)
  • Evolución favorable (mantendo a máxima cautela polo vento)

Desde o Concello queremos dar novamente as grazas todos os servicios de extinción del incendios que estiveron loitando esta noite para lograr conter e estabilizar o lume.