10ª Concentración de Vespas, Lambrettas e motos clásicas en Verín Imprimir
Venres, 19 Agosto 2022 09:15

 O vindeiro 28 de agosto terá lugar en Verín a 10ª Concentración de Vespas Lambrettas e motos clásicas de Verín, organizada polo Club Vespa Verín en colaboración co Concello de Verín.

Durante o transcurso desta edición realizarase un paseo turístico polos balnearios e os lugares de interese de maior interese turístico da zona, con saída desde a Praza García Barbón ás 11:00 horas.

Os participantes terán dereito a pincho e consumición nas paradas programadas no itinerario do paseo. Ademais, o domingo, ás 14:00 horas, os asistentes desfrutaran dunha comida conxunta nun restaurante da vila, con sorteo de regalos e entrega de premios aos asistentes.

Os prezos de inscrición é de 25 euros. Para  realizar os pagamentos a organización pon á disposición dous métodos:

Inscrición e pagamento previo, ate o  23 de agosto, a través da conta: ABANCA ES 48 2080 5168 1630 4001 9559

Formulario de inscrición https://forms.gle/2EgFFqb3TBi2DGH7A

Teléfono de información: +34 669894046