Máis de 30.000 degustacións vendidas na XV Feira do Viño de Monterrei Imprimir
Sábado, 20 Agosto 2022 12:23

 A Feira do Viño de Monterrei superou, de novo, todas as previsións, e esta última edición clausurouse cun incremento tanto do número de visitantes á feira como de degustacións.

Nesta ocasión superáronse as 30.000 degustacións vendidas nos tres días de feira, o que supón aproximadamente un 8% máis que na edición do ano 2019, que ata este momento fora a máis exitosa. “Atopámonos ante unha cita vitivinícola consolidada que, ano a ano, aumenta o número de visitantes, venda de tickets-degustación e de botellas de viño”, zindica a presidenta do Consello Regulador, Lara Da Silva. “Ademais, nesta ocasión, puidemos comprobar como aumentou o interese da cultura do viño na xente nova, xa que moitos dos visitantes que recibimos este ano sitúanse no rango de entre os 20 a 35 anos. Todo iso, sen esquecer que o espazo foi compartido, como sempre, por familias, amigos e coñecidos, que se puideron reencontrar despois destes dous longos anos para todos nós. Por tanto, estamos moi agradecidos pola acollida que o evento tivo, e esperamos seguir respondéndolle aos consumidores como mellor sabemos facelo, a través duns viños cunha excelente calidade recoñecida”.

Adegas participantes

Na última edición da Feira do Viño Monterrei participaron un total de 18 adegas rexistradas na denominación: Ladairo, Gargalo, Valderello, Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay, Adegas Terrae, Tapias Mariñan, Fragas do Lecer, Vía Arxéntea, Bodega Abeledos S.L., Setembro, Bodega Franco Basalo, Adegas Daniel Fernández, Adega Trasdovento, Adega Manuel Vázquez e Serra de Alén.

Stands gastronómicos
Así mesmo, estiveron presentes postos de gastronomía como La Alacena para llevar, Conservas de Santoña, Jamones Don Francisco, Queixería Gaia, Alacena Productos Delicatessen, Panadería Roscas, Casa do Pulpo e Misco-Midas Food Truck.

Programación cultural

A Feira contou tamén cunha progrmación cultural de primeiro nivel coas actuacións na Praza Maior das orquestras Arizona e Claxxon; os concertos na Preguiza de Xisco Feijoó, Ruth Lorenzo e a homenaxe a Sabina e Serrat "Dos Paxaros y un trio; así como a conferencia de presentación da obra "A marabillosa historia do viño" do xornalista Luís Congil.