Verín organiza unha andaina nocturna ata Os Milagros Imprimir
Martes, 30 Agosto 2022 11:38

O Concello de Verín e a Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas preparan unha andaina para a vindeira noite do 3 ao 4 de setembro.

Os camiñantes chegarán ata o Santuario dos Milagros subindo o alto das Estivadas. O percorrido sairá desde a Casa do Escudo ás 21:00 horas, confirmaron o concelleiro de Transporte, Feiras e Hostalería, Manuel Lorenzo, e a responsable da Asociación de sendeiristas, Amaya Álvarez.

A andaina ten un prezo de 5 € e para a volta habilitarase un autobús con prazas limitadas. Pola seguridade dos camiñantes, será conveniente levar un chaleco reflectante e unha lanterna. Todos os participantes terán de agasallo unha camiseta de recordo ademais das provisións e dos servizos necesarios durante o camiño.




Todas as persoas interesadas en participar poderanse inscribir vía WhatsApp no teléfono 600410018.