A Sala de exposicións do Concello de Verín acolle a mostra "Alfonso Sola & Rivada -Fronte ás fronteiras" Imprimir
Xoves, 08 Setembro 2022 17:44

 Mañá venres 9 de setembro, ás 20:30 horas, terá lugar na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Verín a inauguración oficial da Exposición "Alfonso Sola & Rivada - Fronte ás fronteiras".


RIVADA :

Expón obras creadas nos últimos meses que incluén pintura, esculto_pintura é escultura. Un traballo de investigación que na escultura desenvólvese con materiais moi heterogéneos como o mármol, o aceiro ou rocha negra e no campo pictórico desplega unha ampla paleta de texturas mediante técnicas con barnices, telas e materiais sintéticos de última xenerazón.

O linguaxe artístico de Rivada mestura con maestría, os achadegos que resultan da experimentación en procesos técnicos, cunha sensibilidade poética que o conecta coa tradición expresiva da arte galega e universal.


A obra de Rivada preséntase en diversos formatos: pequen as pezas escultóricas que se confrontan coa rotunda presenzas da máis reciente creación, O Cigarrón Transxénico.


SOLA

Por a sua parte, Alfonso Sola presenta unha selección de obras realizadas nos últimos 3 anos. Obra pictórica que se presenta como unha investigación sobre as linguaxes da pintura con explícitas referencias a renovadores destas linguaxes como Picasso ou Vangogh.


Entre as obras e pistas, cabe destacar a serie Asalto aos Tres Reynos,  realizada con ferramentas de Inteligencia Artificial, e procesado dixital.


Pódese afirmar que é a primeira vez que un artista expón en España unha obra realizada mediante Inteligencia Artificial.

O emprego de materiais clásicos como o lienzo e o óleo pónse en diálogo con estas novas ferramentas que cuestionan o concepto de autoria e abren interrogantes sobre o futuro da arte.