Bases de participación da II edición da Feira da Cervexa de Verín Imprimir
Venres, 09 Setembro 2022 12:29

O Concello de Verín vén de publicar as bases de participación para a II edición da Feira da Cervexa que terá lugar os días 7, 8 e 9 de outubro na zona verde de A Preguiza.

BASES DE PARTICIPACIÓN II FEIRA DA CERVEXA DE VERÍN

Datos do Evento

Data: 7, 8  e 9  de outubro de 2022

Localización: Carpa instalada no Parque da Preguiza


Horario de Funcionamento:

Venres, 07 de outubro en horario de 19:00 a 01:00

Sábado, 08 de outubro en horario de 12:00 h a 16:30 e de 19.30 a 01:30

Peche do recinto feiral o sábado ao mediodía de 16:30 h a 19:30h.

Domingo, 09 de outubro en horario de 12:00 a 20:00


Requisitos dos participantes


Cervexa:

Poderán participar no evento distribuidores nacionales e internacionales de cervexas.


Comida:

Establecementos do sector da alimentación, restauración, etc... con propostas axeitadas a este tipo de feira sectorial (salchichas, codillo, chucrut, etc...) ademais das locais que poidan acompañar (polvo, empanada, churrasco, hamburguesas, etc...) .


A organización está aberta a propostas para poder valorar as candidaturas que queiran participar na feira.


Os solicitantes deberán estar dados de alta no Imposto de Actividades Económicas no epígrafe correspondente á actividade que desenvolva.


Así mesmo, deberán estar dados de alta na Seguridade Social no réxime correspondente, acreditando estar ao corrente do pago das súas obrigas fiscais e ca Seguridade Social.


Antes da montaxe dos postos, cada participante deberá presentar copia do certificado do número de rexistro sanitario.


Prezo participación: Gratuito


DESCARGUE AQUI O DOCUMENTO:  "SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN NA II FEIRA DA CERVEXA DE VERÍN 2022"


Formalización das Candidaturas:

As candidaturas deberán ser formalizadas antes do 25 de setembro de 2022


Solicitude de Participación acompañada do DNI/NIE/CIF do interesado (ou representante) debe ser entregadas por un dos seguintes medios:

a) Rexistro do Concello de Verín -no andar baixo da casa consistorial (Praza do Concello s/n)

b) Sede  Electrónica do Concello de Verín: https://verin.sedelectronica.gal

c) Correo electrónico:   Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

d) Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Verín (pranta baixa)


As inscricións que se queiran realizar e estean fóra de prazo deberán ser consultadas previamente coa organización para revisar a dispoñibilidade dos espazos.


A organización poderá rexeitar as candidaturas que non se atopen no ámbito do evento.


A candidatura só será efectiva unha vez, que sexa aceptada e confirmada a participación pola organización

Distribución e Normas nos Espazos.


A asignación e localización dos espazos son responsabilidade da organización, en función do sector da actividade e dos produtos das candidaturas seleccionadas, tipo de expositores e dispoñibilidade de espazos.


Valorarase a aportación de mobiliario propio de cada participantes a feira (mesas, bancos, etc...).


O servizo de presentación da cervexa será realizada preferentemente usando as xarras propias do evento, que se porán a venta pola organización.


Para  a restauración recoméndase a utilización de utensilios respetuosos co medio ambente; material biodegradábel.

A limpeza e seguridade do stand asignado é responsabilidade dos/das ocupantes.


Está prohibido expor materiais fóra dos espazos respectivos do propio stand. Evitando entorpecer os corredores, debendo quedar libres en todo momento para non impedir a circulación libre dos/das visitantes.


A carga e descarga da mercadoría exposta nos espazos asignados deberá realizarse nas primeiras horas de apertura da carpa.

A reposición de mercadoría, durante o horario de funcionamento do evento, deberá ser comunicada a organización para a correspondente autorización.


É obrigatoria a presenza dunha persoa no respectivo espazo, 5 minutos antes da hora de apertura e ata a hora de peche.


Consideracións Finais

Os/As participantes quedan obrigados/as a cumprir as normas de carga e descarga.

A sinatura da folla de inscrición implica a aceptación de tódalas cláusulas destas condicións de participación.

A organización non se responsabiliza dos danos ou desaparición de obxectos dos espazos asignados durante o horario de funcionamento do evento.

A cancelación da participación por parte do expositor deberá ser presentada por escrito.

A organización declina calquera responsabilidade ante o incumprimento das condicións de participación e reservase o dereito de tomar as medidas oportunas en caso de incumprimento dalgunha das condicións de participación.

A organización non asume ningunha responsabilidade en canto ao cumprimento de tódalas obrigas derivadas da actividade propia dos participantes (seguro de responsabilidade civil, normativa de sanidade, pago das cotas da seguridade social, Facenda, etc...)


Seguridade

Haberá seguridade durante as tres noites no recinto feiral.

As noites baixanse os automáticos da luz, polo cal,calquer información a maiores que deba estar en coñecemento da organización, rógase que se faga saber.


Datos de Contacto da organización do evento:

CONCELLO DE VERÍN

Praza do Concello, nº 1, Verín

Tlf. 988 410 000  – 988 411 900

e-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Contacto: Julia

Por motivos de protección de datos de carácter persoal infórmase  aos participantes que coa súa firma na folla de inscrición, os seus datos serán incorporados a un Rexistro de Actividades de Tratamento de Xestión Municipal do Programas de Promoción Económica, o tratamento dos seus datos farémolo co único fin de xestionar o devandito servizo, si desexa acadar máis información do tratamento de datos, pode consultar http://verin.sedelectronica.gal/privacy.0 Vde. tamén ten dereito, a: obter confirmación de se estamos tratando os seus datos persoais, o dereito de acceso, a rectificar e suprimir os datos, solicitar a portabilidade dos mesmos, a opoñerse o seu tratamento e solicitar limitacións deste, para isto pode dirixir solicitude a este Responsable de Tratamento no seguinte enderezo: Praza. do Concello, 1 VERÍN (32600) (Ourense), tamén por vía mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . As solicitudes deberán dirixirse a Delegada de Protección Datos, facendo referencia ao dereito que pretende exercer e achegando copia do seu DNI/NIF ou documento que o/a identifique.