Aberto o prazo de inscrición para os expositores da Feira de Nadal 2022 Imprimir
Venres, 04 Novembro 2022 12:53

Os días 9, 10 e 11 de decembro, o Concello de Verín organizará na Praza Maior a súa Feira de Nadal. As persoas interesadas en participar na mesma deberán enviar a organización as ideas e propostas do seu produto así como da decoración do seu stand.


Todos os expositores interesados en instalar unha caseta na feira xa poden formalizar a súa inscrición atendendo as seguintes condicións de participación:


-       Días: 9, 10 e 11 de decembro. O luns, 12 de decembro de mañá será participación voluntaria e gratuíta para os expositores que queiran. (coincide coa feira de Verín)

-       Horario da feira: 11.00 a 14:00 e de 16:00 a  20.00 h.

-       Ubicación: Praza Maior.

-      Teléfono información: 988410000

-      Cota de participación: 45 euros (pagando en efectivo na Tesourería do Concello de Verín ou por transferencia bancaria, Nº conta bancaria: ES11-2080-3567-6230-4000-1312 (ABANCA)

-      As candidaturas deberán ser formalizadas antes do 20 de novembro de 2022.

-      A Folla de Inscrición e os xustificantes bancarios ou recibís de pago en efectivo entregaranse por un dos seguintes medios:

 

a) No Rexistro do Concello de Verín -no andar baixo da casa consistorial (Praza do Concello s/n), no rexistro.

b) Por correo electrónico:  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

d) Por Sede Electrónica do Concello de Verín: https://verin.sedelectronica.gal.

 

-      A  temática desta feira é navideña, polo cal os participantes deberán enviar a organización as ideas e propostas do seu produto e decoración do seu stand.

-      A organización resérvase o dereito a non incluír as inscricións que non cumpran coa temática desta feira

-      E importante que os expositores amosen e se comprometan con produtos ambientados na temática navideña. Elaborando cestas navideñas e embalaxes, luces, envases, envoltorios típicos do nadal. Posibilidade de complementar o produto con produtos típicos nesta época. A organización está aberta a propostas e ideas que teñan os participantes para os seus stands.

-      Dada a limitación de espazo para expor os produtos, realízase a asignación de posto por selección temática. É importante unha vez seleccionado o candidato realizar o pagamento no prazo máximo de 5 días.

-      A Inscrición será efectiva unha vez enviada a folla de solicitude en prazo e realizado o pagamento en prazo, tras ser aceptado pola organización.

-      Os participantes traerán os seus taboleiros e mobiliario necesario para expor os seus produtos

-      Permítese a degustación de produto navideño.

-      A decoración navideña do stand e do mobiliario corre a cargo do expositor.

-      Importante manter a limpeza dentro do stand tal cal se entrega o primeiro día

-      A carga e descarga de mercancía realizarase dun xeito organizado, sen interromper a resto de expositores, viandantes, resto de coches, etc...Mantendo libre os vados e aparcamentos. Realizándoo antes e despois dos horarios de apertura e peche da feira.

-      Os/As participantes son responsables dos produtos vendidos e da súa calidade e serán obrigados a indemnizar a calquera comprador/a que lles vendan produtos sen calidade.

-      A organización non se responsabiliza dos danos ou desaparición de obxectos dos stands durante o horario de funcionamento do evento.

-      A reposición de mercadoría, durante o horario de funcionamento do evento, deberá ser comunicada a organización para a correspondente autorización.

-      É obrigatoria a presenza dunha persoa mínimo no respectivo stand, 5 minutos antes da hora de apertura ata a hora de peche ou ampliación de horario por afluencia de público.

-      O/A participante non pode ceder a calquera título, oneroso ou gratuíto, o seu dereito de ocupación do espazo.

-      O participante comprométese a participar durante os tres días de feira, así como durante toda a xornada nos horarios indicados.

-      Este ano, o luns día 12, ao coincidir coa feira de Verín, poderá o expositor participar tamén de  mañá de maneira gratuíta e voluntaria.

-      Calquera incidencia ou suxerencia será posta en coñecemento da organización.