Verín reducirá en máis de 15 toneladas ao ano as súas emisións de CO2 coa nova instalación fotovoltaica da piscina climatizada Imprimir
Xoves, 10 Novembro 2022 13:36

 A piscina climatizada do Concello de Verín xa conta  con paneis solares que fornecerán a enerxía eléctrica para tanto para o seu autoconsumo como para a súa climatización. Esta acción é posible grazas ao investimento de 28.849,50 euros dos que 22.118,32 euros son financiados polos fondos comunitarios derivados  do   Feder nun 80 por cento,  sendo o  importe restante de carácter municipal. Desta forma as citadas instalacións pasan a ser autosuficientes no ámbito enerxético.

En total implementáronse un total de 88 módulos fotovoltaicos que achegan unha potencia instalada de 0,02992 MW. Isto supón unha redución anual estimada de emisión de gases de efecto invernadoiro de 15,794 toneladas CO2/ano.

«Esta nova acción contribúe, do mesmo xeito que o plan municipal de renovación e mellora da iluminación pública, a reducir considerablemente a factura eléctrica municipal, facendo tamén que diminúa notablemente a emisión de gases que crean o efecto invernadoiro», destacou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo.