AEVER presenta a súa campaña de dinamización do Comercio Local "Os 6.000 de Verín" Imprimir
Mércores, 16 Novembro 2022 14:09

 Esta mañá, tivo lugar a presentación da campaña “ OS 6.000 DE VERÍN" organizada pola Asociación de Empresarios de Verín (Aever Verín), en colaboración co Concello de Verín, para promover as vendas nos 112 establecementos integrados na mesma.

A mesma tivo lugar na sede de Aever, e contou coa presenza da concelleira da Área de Comercio, María Isabel González; do xerente da Asociación de Empresarios, José Ángel Rodicio, e do seu presidente, Santos Álvarez.

A campaña consistirá no sorteo ante notario, o vindeiro 28 de Decembro, de quince cheques:

  • 1 cheque de 2.000 €
  • 1 cheque de 1.000 €
  • 2 cheques de 500 €
  • 3 cheques de 300 €
  • 3 cheques de 200 €
  • 5 cheques de 100 €

Os establecementos e locais que participarán na campaña, entregarán boletos para participar no sorteo aos clientes que realicen compras do 16 de novembro e o 26 de Decembro do 2022. O diñeiro dos cheques deberá ser gastado nos locais e establecementos que participen nesta campaña.

Consulta as bases do concurso na web oficial de AEVER:  https://ccaverin.com/os-6-000-de-verin-xa-estan-aqui/