Verín acolle a primeira carreira solidaria de Nadal Imprimir
Xoves, 17 Novembro 2022 11:46

O sábado 10 de decembro, a Centro de Lecer Infantil e Xuvenil “Los Mundos de Iker” organiza, en colaboración co Concello de Verín, a primeira Carreira Solidaria de Nadal, destinada a recadar fondos para os colectivos máis desfavorecidos da comarca de Monterrei.

Trátase dunha carreira solidaria non deportiva-competitiva na que poderán participar tanto nenos e nenas como adultos nas seguintes categorías:

  • Benxamín (0-6)
  • Alevín (7-12)
  • Xuvenil (12-17)
  • Adulto (18-112 Anos)
  • Individual
  • Grupo
  • Mascotas

A saída será as 16:00 horas desde a Praza García Barbón e o percorrido realizarase polas rúas do Casco Vello de Verín. Así mesmo, haberá un premio especial ao mellor disfrace por cada categoría e un sorteo de premios entre todos os corredores e corredoras.

Para participar nesta iniciativa é necesario formalizar inscrición previa no teléfono 650698766 (Arantxa) e realizar o ingreso do donativo de 5 euros na conta : ES2030850208192655312128

Todas aquelas empresas que queiran colaborar con esta iniciativa, ben sexa economicamente ou directamente realizando unha entrega de alimentos, poden poñerse en contacto coa organización a través do mesmo teléfono de inscrición.