O Ratiño Pérez volve a Verín da man da Fundación Dentalnova e do Concello de Verín Imprimir
Mércores, 23 Novembro 2022 14:08

"O Ratiño Pérez pasará o Nadal en Verín", así o comunicou esta mañá a Fundación Dentalnova, facéndose eco da decisión do coñecido personaxe. Sr. Pérez pasará o Nadal na vila do Támega grazas á súa estreita relación co equipo de Dentalnova e ao convite especial realizado polo Concello de Verín.



O Sr. Pérez chegará á vila o vindeiro 30 de novembro. Para darlle a benvida, a Fundación Dentalnova organizou unha gala xunto aos nenos e nenas dos colexios da comarca e a  contadora local Raquel Queizás. Ademais, a estancia do coñecido Sr Pérez quedará gardada para o recordo nun libro que o propio personaxe fará chegar ás crianzas do val grazas á colaboración da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.

Logo do éxito da caseta do Ratiño Pérez do ano pasado, a Fundación Dentalnova quixo convencelo para que visitase a vila neste Nadal. Así, proponse máis dun mes de actividades ao redor da súa figura buscando converter estas accións nun verdadeiro atractivo para o lecer da comarca. Así, volverase instalar a Casiña do Ratiño Pérez na Praza da Mercé, onde as crianzas terán a oportunidade de visitar e retratarse xunto ao Sr. Pérez.

O proxecto está vertebrado pola publicación do libro "O Ratiño Pérez", editado pola Fundación Dentalnova, no que se conta a súa vinculación co doutor Antonio. É unha historia baseada nunha idea orixinal de Edelmiro Mateo e ilustrada por María Isabel Álvarez Trujillo e cos textos de Antonia Blanes Hermida. Un conto centrado en Verín e nos seus elementos máis característicos.

Este libro serviu de inspiración ao equipo Dentalnova e a Raquel Queizás para deseñar una gala que se representará o mércores, 30 de novembro, no Auditorio Municipal. «A esta actuación» -explicou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane- «foron convidados máis de 600 cativos e cativas; non só dos colexios de Verín senón de todos os centros educativos da comarca.  Será un momento moi especial xa que, o finalizar o evento, os cativos serán testemuñas da chegada do Ratiño Pérez a Verín que, como non podería ser de outra maneira, será recibido polo alcalde con todos as honras». Devandito contacontos está financiado na súa totalidade polo ente municipal.

O conxutno da iniciativa xorde da colaboración de entidades públicas e privadas que apostan por un proxecto no que se mestura o ocio e a concienciación sobre a necesidade de coidar da nosa saude bucal.

Antonio Justo, xerente da Fundación Dentalnova, agradeceu na rolda de prensa e involucración do Concello de Verín e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades neste proxecto que agarda "conseguir sorrisos e emoción en estado puro. Pensado para os máis cativos, pero tamén para os maiores, porque a ilusión é algo que non perdemos nunca”.