Esta mañá, a concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza; xunto co xerente e o presidente da Asociación de Empresarios de Verín (AEVER), Xosé Ángel Rodicio e Santos Álvarez, presentaron o programa de actividades para este Nadal. Serán un total de dezaseis ofertas de lecer, cultura e dinamización do comercio local deseñadas para o goce de todos os públicos, que se estenderan desde o venres 9 de decembro ata o martes 7 de xaneiro do 2023.
«Este ano», explicou Emilia Somoza, «preparamos unha serie de variadas propostas deseñadas con moita ilusión para esta época tan especial». A concelleira de Festexos tamén quixo agradecer ás asociacións e aos comerciantes que contribúen «a dinamizar o noso Nadal colaborando na creación desta completa programación que, sen dúbida, supón un claro exemplo de cooperación en beneficio da nosa vila».
Desta forma, Nadal, ocio e cultura únense nunha programación que arrinca este ano coa a súa Feira de Nadal e a primeira marcha solidaria, a inauguración do tradicional Belén da Viruca e tamén co acendido da iluminación natalicia da vila, o luns 12 de decembro. «Este ano as rúas de Verín contarán de novo cunha decoración urbana de Nadal moi especial, deseñada especialmente para que a cidadanía poida gozar das súas rúas, do comercio local e da hostalería coa súa familia e amizades», destacou a edil municipal. Como novidade, instalarase tamén o Tren de Nadal de Verín, un vehículo eléctrico infantil con perecorrido circular en vías, que estará na Praza García Barbón de Verín durante todas as festas para o desfrute da cativada.
No faltarán tampouco as presentacións literarias con dous interesantes propostas: a obras «Alejandro Viana. un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos» de Roberto Mero Covas e «Dende a ponte a Monterrei» do verinés Miguel Ángel Prieto Sotelo.
Como e habitual nestas datas terá un papel moi especial na axenda de Nadal a música e as artes escénicas. «Contaremos cun total de seis actuacións de primeiro nivel enfocadas a todos os públicos», salientou Somoza Basalo. Para os máis pequenos da casa O secuestro da Bibliotecaria de Sarabela Teatro; e para un público máis familiar contaremos coas actuacións do Conservatorio de Música de Verín e a representación da obra Sempre nos Quedará Venecia de La Caja de Pandora. «Non sen esquecernos do público máis adulto programando un concerto tributo a Pucho Boedo, da man de José Antonio Alvar & Burgas Big Band.»
Ofrecerase tamén, como todos os anos, o Servizo de ludoteca “Ludonadal” dirixido a meniños e meniñas, con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos, co obxecto de facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos menores un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal.
Sen dúbida, o broche estrela desta edición será a Gran Cabalgata dos Reis Magos. Os nenos e nenas de Verín poderán gozar dunha espectacular comparsa composta por tres magníficas carrozas con animación musical e pasarrúas temáticos na que súas maxestades, os Reis Meigos de oriente, percorrerán as rúas de Verín e, ao rematar, realizarán a tradicional recepción.
Actividades de Dinamización do Comercio Local
Outro dos piares fundamentais da programación de nadal serán as actividades destinadas á dinamización do comercio local organizadas pola Asociación de Comerciantes de Verín (AEVER), en colaboración co Concello. Segundo explicou o seu xerente, Miguel Ángel Rodicio, «ademais da campaña anual “Os 6.000 de Verín”, organizamos dúas actividades destinadas ao público infantís como son dúas xornadas de divertidos xogos inchables -que encherán de música e cor as rúas de Verín- e tamén recuperamos este ano a nosa tradicional Gala de Nadal de AEVER chea humor, maxia e música».
Programa de Nadal
Ata o 27 de decembro
CAMPAÑA COMERCIAL “OS 6000 DE VERIN” DE AEVER
A campaña "Os 6.000 de Verín”, busca incentivar las compras en nadal, estará en funcionamento ata el 27 de decembro. O sorteo terá lugar el 28 de decembro. Máis info en: https://ccaverin.com/
Organiza: Aever Verin. Colabora Concello de Verin.
Desde o 22 decembro ao 5 de xaneiro
LUDONADAL
Pavillón Municipal de Deportes. Luns a venres, de 9:00 a 14:00 h, e de 16:00 a 20:00 horas. Sábados de 10:00 a 14:00 h.
Servizo de ludoteca dirixida a nenos e nenas, con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos, co obxecto de facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos menores un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal.
Organiza: Concello de Verín.
Do 8 de decembro ao 9 de xaneiro
BELÉN DA VIRUCA
Salón parroquial. Horario: luns a venres de 17:00 a 19:00h. Domingos e festivos de 11:00 a 13:00h e de 17:00 a 19:0h
Belén de gran tradición familiar que mostra a veciños e veciñas e visitantes escenas típicas da tradición relixiosa e Dime tú quéelementos da actualidade galega. Un Belén que é posible grazas á dedicación desta familia e a colaboración da Uap de Verin.
Do 9 ao 12 de decembro
FEIRA DE NADAL
Plaza García Barbón, de 11:00 a 14:00 y de 16:00 a 20:00 h | Luns de 10:00 a 14:00 h
Mercado temático con postos de artesanía, alimentación, decoración, regalos e doces. A feira contará tamén con animación musical e cun espazo dedicado aos máis pequenos da casa que recibirán a visita da figura máis tradicionais do Nadal, Papa Noel.
Organiza: Concello de Verín.
10, sábado
MARCHA SOLIDARIA
Praza García Barbón, 16:00h
O sábado 10 de decembro o Centro de lecer “Os Mundos de Iker” organiza, en colaboración co concello de Verin a primeira Marcha Solidaria de Nadal, destinada a recadar fondos para os colectivos máis desfavorecidos da comarca de Monterrei. Poderán participar tanto nenos e nenas como adultos. Organiza Os mundos de Iker. Colabora: Concello de Verín.
22 de decembro ao 8 de xaneiro
O TREN DO NADAL
Praza García Barbón, 12:00 a 14:00h | 17:00 a 20h
Tren eléctrico infantil con percorrido circular.
Organiza: Concello de Verín.
14 de decembro
PRESENTACIÓN DO LIBRO «ALEJANDRO VIANA. UN GALEGO Á FRONTE DO RESCATE DOS REFUXIADOS REPUBLICANOS» DE ROBERTO MERO COVAS
Biblioteca de Verin, 19:30 h.
Premio Antón Losada Diéguez de Investigación 2022.
Organiza Biblioteca de Verin.
22 de decembro
CONCERTO CMUS DE NADAL
20:00 h no Auditorio Municipal de Verín
Actuación de alumnas e alumnos do Conservatorio de Música de Verín con repertorio clásico e de do Nadal. Neste concerto actuará o alumnado de todas as especialidades do conservatorio así como a Orquestra Infantil, o Coro e a Banda de Música.
Organiza: CMUS Verín.
22 de decembro
PRESENTACIÓN LIBRO «DENDE A PONTE A MONTERREI» DE MIGUEL ÁNGEL PRIETO SOTELO
Salón de Actos da Casa da Cultura, 19.30 h
Colabora: Concello de Verín.
24 de decembro
XOGOS INCHABLES
Praza da Mercé, Praza García Barbón e Praza do Concello
Actividade de Dinamización do Comercio Local organizada por AEVER en colaboración co Concello de Verín.
29 de decembro
TEATRO FAMILIAR | O SECUESTRO DA BIBLIOTECARIA
18:00 h non Auditorio Municipal de Verín. Entrada gratuíta.
A señorita Ernestina é a fermosa bibliotecaria da vila de Parangón. Aínda que é orfa e non ten familiares ricos, os bandidos desta peza decidiron secuestrala. Pretenden xerar un caos cultural que obrigue ás autoridades para pagar polo rescate da bibliotecaria.
Pero as intencións desta banda tomarán un novo rumbo ao descubrir que a señorita Ernestina contaxiounos co virus da varicela. A poucas persoas sintan ben os grans no cara pero para uns ladróns resulta desastroso. Tomaría vostede en serio un ladrón con graniños? Pois non, parece ser a resposta máis obvia; así que os ladróns deben atopar unha solución para o seu problema, pero non teñen nin idea de onde buscala.
Por se todo isto fose pouco un tremor de terra vén complicalo todo.
Organiza: Concello de Verín.
3 de xaneiro
XOGOS INCHABLES
Praza da Mercé, Praza García Barbón e Praza do Concello
Actividade de Dinamización do Comercio Local organizada por AEVER en colaboración co Concello de Verín.
30 de decembro
GALA DE NADAL DE AEVER .
“Pavillón dos Deportes, 18:30 h.
Gala familiar de Nadal con humor, maxia e música.
Organiza: AEVER
5 de xaneiro
GRAN CABALGATA DOS REIS MAGOS
A partir das 18:00 h.
As súas maxestades, os Reis Magos de Oriente percorrerán as rúas de Verín nunha espectacular cabalgata.
Organiza: Concello de Verín.
6 de xaneiro
TRIBUTO A PUCHO BOEDO
20:00 h no Auditorio Municipal de Verín.
Concerto tributo da man de José Antonio Alvar & Burgas Big Band.
Recollida de entradas no Auditorio Municipal o día da representación, a partir das 16:00 h.
Organiza: Concello de Verín.
7 de xaneiro
TEATRO | SEMPRE NOS QUEDARÁ VENECIA
20:00 h no Auditorio Municipal de Verín.
Recollida de entradas no Auditorio Municipal o día da representación, a partir das 16:00 h.
Organiza: La Caja de Pandora de Verín.
|