O Salón de Actos da Casa da Cultura acolle a presentación da obra “Dende a ponte a Monterrei” de Miguel Ángel Prieto Sotelo Imprimir
Martes, 20 Decembro 2022 12:35

 O vindeiro xoves 22 de decembro, ás 19:30 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura acolle a presentación do libro “Dende a ponte a Monterrei”, de Miguel Ángel Prieto Sotelo.

A presente obra é unha recompilación de artigos que ao longo dunha década o autor escribiu no periódico Barrios. Segundo destaca Miguel Ángel Prieto, esta é unha obra feita «con agarimo e sentimento, o mesmo que me alentou a escribir todas e cada un dos relatos que compoñen este libro».

«A obra titúlase así», explicou o autor, «porque a maioría dos artigos foron escritos na ponte, en Ourense, e dirixidos a miña terra, Monterrei».

Ademais do autor, intervirán na presentación: o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, Mirito Mateo, Juan Gerra, Alfonso Tahona e Plácido Romero.