Pleno Ordinario: 30 de decembro de 2022 Imprimir
Venres, 30 Decembro 2022 12:40

O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión ordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:


1. APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA URXENTE DE DATA 19/12/2022

2. Expediente 4854/2022. Aprobación inicial das tarifas municipais do servizo de taxi

3. Expediente 4125/2022. SUBVENCIÓN ESCOLAS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE

VERÍN TEMPADA 2021-2022

4. Expediente 6130/2022. Convenios (Aprobación, Modificación ou Extinción) - FIC 2023

5. Expediente 6263/2022. INICIO EXPEDIENTE REMUNICIPALIZACIÓN SERVIZO DE

AUGA

6. Expediente 6285/2022. ADHESIÓN AO CONVENIO AGRUPACIÓN CONCELLOS

MELLORAS SANEAMENTO NO RÍO TÁMEGA

7. Expediente 6211/2022. MODIFICACIÓN ORDENANZA REGULADORA DO CENTRO

DE DÍA MUNICIPAL

8. Expediente 3248/2017. Aprobación definitiva PEID Fontenova

9. Expediente 4103/2019. Aprobación definitiva PERI APR-45, zona de "Os Coutos"

10.Expediente 4649/2021. CESIÓN DUN BEN Á FUNDACIÓN SAN ROSENDO 11.Expediente 5499/2022. DAR CONTA DO DECRETO NÚMERO 2022-1973 DO

CONCELLEIRO DE FACENDA DE APROBACIÓN DA LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO XERAL DO EXERCICIO DE 2021

12.INFORMACIÓNS E OUTROS ASUNTOS DA PRESIDENCIA

13.DAR CONTA DOS DECRETOS DITADOS POLA ALCALDÍA E POLAS DISTINTAS

CONCELLARÍAS DELEGADAS, EN MATERIA DE ADMINISTRACIÓN LOCAL, DENDE O 26/10/2022 ATÉ O 26/12/2022, AMBAS AS DÚAS DATAS INCLUÍDAS

14.ROGOS E PREGUNTAS

Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión extraordinaria urxente, o presidente, Gerardo Seoane Fidalgo, someteu votación a aprobación inicial das tarifas municipais do servizo de taxi quedando aprobadas inicialmente por unanimidade a seguintes modificacións nas mesmas:

Tamén foron aprobadas no pleno, por 12 votos (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular, a concesión de dúas subvencións nominativas. Por unha banda, e coa finalidade de promover e fomentar o deporte entre a mocidade verinesa, concedeuse unha achega de 50.000 euros as Escolas Deportivas de Verín. Por outra, a Asociación Cultural Vía XIV recibirá 40.000 euros para a realización da oitava edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Verín, evento que ten como finalidade difundir a cultura cinematográfica e por en valor o patrimonio cultural, etnográfico e musical, tanto material como inmaterial, do val de Monterrei a través da sétima arte, en todas as súas vertentes.

Por outra banda, acordouse - por 12 votos (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 votos en contra do Partido Popular- dar inicio ao expediente para a determinación dunha nova forma de xestión do Servizo de Abastecemento de Auga Potable e Saneamento do Concello de Verín; así como crear unha comisión mixta encargada de elaborar a proposta de Memoria Xustificativa da forma máis sostible e eficiente de xestión dos Servizos de Abastecemento de Auga Potable, Saneamento e Depuración de Augas Residuais, composta por:

- Persoal Político:

Alcalde- Presidente.

1º Tenente de Alcalde.

2ª Tenente de Alcalde.

Concelleiro de Servizos Públicos.

 

- Persoal Técnico.

1.Asesoría Técnica:

Esmin Ingeniería.

Topycat.

Consultaría de Gestión Innovadora.

 

2. Asesoría Económica: Soal Asesores.

 

3. Asesoría Xurídica: Esede Abogados.

 

Outro dos asuntos abordados na sesión plenaria foi a adhesión ao Convenio que regula a Agrupación de Concellos para desenvolver actuacións de mellora do saneamento no curso alto do Río Támega, cuxo obxectivo é mellorar os servizos de abastecemento, e tratamento das augas residuais. Este punto foi aprobado por unanimidade.

Logo de examinar a ordenanza reguladora do Centro de Día Municipal, así como a solicitude de incoación do procedemento de modificación de tarifas do mesmo, o pleno acordou - por 12 votos (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 votos en contra do Partido Popular- aprobar inicialmente a modificación da Ordenanza reguladora do Centro de Día Municipal, nos seguintes termos:

O pleno tamén aprobou definitivamente os planes especiais de Infraestruturas e Dotacións do Espazo Dotacional Público en Fontenova, e de Reforma Interior do ámbito APR-45 do Instrumento de Ordenación Provisional na zona de “Os Coutos” para actividades terciarias. Quedando estes puntos aprobados por 12 votos (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 votos en contra do Partido Popular; e por 12 votos (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 votos abstencións do Partido Popular, respectivamente.

A continuación someteuse a votación a cesión gratuíta á Fundación San Rosendo dunha parte da parcela 272, polígono 34, paraxe “Pedreiras” en Caldeliñas. Devanditos terreos son necesarios para a construción comprometida por devandita entidade do seu futuro complexo balneario e asistencial. Este asunto foi aprobado por 12 votos (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 abstencións en contra do Partido Popular.

Por último, deuse conta dos decretos número 2022-1973 do concelleiro de facenda de aprobación da liquidación do orzamento xeral do exercicio de 2021 e dos ditados pola alcaldía e polas distintas concellarías delegadas, en materia de administración local, dende o 26/10/2022 até o 26/12/2022, ambas as dúas datas incluídas.