Cabalgata de Reis Imprimir
Mércores, 04 Xaneiro 2023 15:32

Cabalgata Reis 2022 Mañá, a partir das 18:00 horas, as súas maxestades, os Reis Magos de Oriente, percorrerán as rúas de Verín nunha espectacular cabalgata. A ruta finalizará na Praza do Concello, onde terá lugar unha recepción na que as súas maxestades entregarán un presente e onde os menores poderán depositar as súas cartas no buzón real.

Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán as rúas do centro de Verín, partindo do barrio de San Lázaro e pasando pola avenida Luís Espada, rúa Deputación, rúa dos Remedios, Avenida de Cabreiroá, Rúa Constitución e avenida de Portugal; para chegar a praza do Concello, onde terá lugar a recepción oficial.

Xa na praza do Concello, os nenos e nenas que así o desexen poderán saudar as súas maxestades de oriente e deixar as súas cartas. A seguridade estará garantida en todo momento grazas ao traballo da Protección Civil e Policía Local.