Arrinca a primeira actividade do novo proxecto da Eurocidade: Mocidade Rural de Europa Imprimir
Xoves, 12 Xaneiro 2023 17:44

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín, no marco do proxecto Rural Youth of Europe (Mocidade Rural de Europa) – RUYOU, informa que a primeira actividade realizarase os días 30 e 31 do presente mes.

O evento, exclusivamente en liña e en inglés, e denominado Ruralhack Chalenge: Cambio Climatico, ten como obxectivo xerar ideas e coñecer a mozas e expertos das zonas rurais de España, Portugal, Malta e Romanía.

O evento está dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos e/o persoas que traballen en asociacións ou entidades con interese no ámbito da mocidade no medio rural e/o o medio ambiente. Para participar, deben rexistrarse na seguinte ligazón: http://rurallyouthofeurope.eu/rural-hack-challenge (número limitado de inscricións).

O evento tratará diferentes temas como desastres ambientais e sociais, agricultura sostible, consumo sostible, entre outros. Esta é unha fantástica oportunidade para que mozas de diferentes partes de Europa de zonas rurais, poñan de manifesto as súas inquietudes e as súas dificultades, e teñan a posibilidade de crear ideas en conxunto para dar resposta ás súas necesidades.

O proxecto Rural Youth of Europe – RUYOU pretende permitir que mozos, expertos e líderes de opinión analicen o futuro da mocidade rural europea, no Ano Europeo da Mocidade, co fin de deseñar, facilitar, informar e reflexionar sobre a mocidade do medio rural tras a pandemia do Covid-19.

Ademais da Eurocidade Chaves-Verín, AECT, RUYOU conta con varios socios de España, Portugal, Malta e Romanía.

Este proxecto foi aprobado no marco do programa europeo CERV - Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores.