Ábrese o prazo de inscrición de carrozas e comparsas para o Entroido 2023 de Verín Imprimir
Xoves, 19 Xaneiro 2023 13:32

O Concello de Verín abre hoxe, día 19 de xaneiro, o prazo de inscrición para as carrozas e comparsas que desexen participar no desfile do Entroido deste ano. A data límite para formalizar a participación será o venres 10 febreiro, ás as 19:00 horas.


A orde de colocación do desfile irá en criterio da organización. Aquelas comparsas ou carrozas que non se apunten dentro do prazo de inscrición e preséntense no desfile directamente, serán colocadas ao final do mesmo.

INSCRICIÓN

Os interesados en inscribirse poderán achegarse ata a Oficina de información turística  de Verín para facela efectiva.

Poderán realizar a inscrición  tamén a través de correo electrónico,  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , enviando os seguintes datos:

  • Nome e apelidos representante do grupo:
  • Nº de teléfono:
  • Nome da carroza ou comparsa.
  • Nº de participantes :
  • Si levan vehículo, ou plataforma móbil (medidas) ?
  • Si levan música?

Ou a través do Tfno 988411614.O horario da Oficina de Turismo é de Luns a Venres, mañás de 09.30 a 14.30,polas tardes de 16.30 a 19.00 h.

 

DESFILES

Os desfiles iniciaranse na  Avda de Castela .Os horarios serán os seguintes:

Saída do desfile do domingo dia 19 de febreiro: 12:00 horas.

Saída do desfile martes dia 21 de febreiro: 16.30 horas

A comparsa ou carroza que participen non desfile debe estar, como mínimo, 30 minutos antes dá saída, para que a Organización poda colocalos na súa posición e comezar con puntualidade, na Avenida de Castela, á altura da rúa San Félix:

Aquelas carrozas que queiran abandonar o percorrido antes de chegar á Praza da Alameda unicamente poderán facelo a través da ponte da N-525, chegando ata a Rotonda da Casa do Escudo, se queren dar a volta, e quedándose unicamente no carril dereito esperando a que o desfile termine para ir ao seu destino.

É importante que deixen sempre un carril libre para os vehículos dos servizos de emerxencia mentres realicen a espera.

 

RECOMENDACIÓNS

Recoméndase non realizar paradas con duración prolongada no tempo para que non exista moita distancia entre grupos dos desfiles. Sigan sempre  á comparsa/carroza ou charanga que leven diante sen deixar moitos metros de distancia.

Aqueles vehículos de motor que non teñan seguro correspondente non estarán cubertos polo seguro do Concello para os desfiles. Neste caso recoméndase que a citada carroza/comparsa contrate a súa propio seguro para este tipo de eventos.

Aqueles vehículos que fosen modificados para o desfile ou que sirvan para tirar dun remolque modificado para o devandito evento recoméndaselles que leven consigo un extintor.

 

MÁIS INFORMACIÓN:

Domingo de piñata dia 26 de febreiro: poderán participar na comida que se realiza este día, (previo Pago no restaurante que se comunicará a través da  web do Concello de Verin ) unicamente os participantes que se inscriban previamente para o desfile. Os Tíckets para dita comida recolleranse no restaurante no que se realizará a comida.