Un total de once persoas participaron no taller intensivo de cabaret impartido na escola de teatro Kotodama Imprimir
Mércores, 15 Marzo 2023 11:54

A Escola de Teatro Kotodama vén de rematar un taller intensivo de cabaret, no que participaron un total de once persoas de todas as idades. O mesmo tivo lugar no Pavillón Municipal de Concello de Verín. Laura, unha bailarina de Adra (Almería), foi a profesora convidada por Santi Cañaveral (actor e director da escola) para impartir esta interesante formación de quince horas de duración.


Segundo destacou Cañaveral, os participantes no curso acabaron descubrindo que «o cabaret non é só sensualidade ou picardía se non que o máis importante é o “Espírito de grupo”, un mantra no que Kotodama pon moita énfase». Dita formación incluíu unha mostra final de media hora, #ante o público (35 persoas), na propia escola.

Próximos cursos

O mes que vén  Kotodama realizará o segundo curso de interpretación ante a cámara e posteriormente, en xuño, un clown de Arxentina (Marcelo Katz) impartirá un taller intensivo desta rama.

Máis información sobre os cursos 600 23 43 18